Pinus contorta
árbore conífera do oeste de América do Norte From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pinus contorta[2] é unha árbore conífera do oeste de América do Norte. É común preto da costa oceánica e en bosques de montaña secos da zona subalpina, pero é raro en bosques temperados húmidos das terras baixas. Como todos os piñeiros (membros das especies do xénero Pinus) é de folla perenne.
Remove ads
Descrición
Dependendo da subespecie, Pinus contorta crece como un arbusto ou unha árbore. A forma arbustiva é un krummholz (forma deformada subártica ou subalpina) de aproximadamente de 1 a 3 m de altura. A forma de árbore delgada e de copa estreita pode medrar ata os 40-50 m e acada os 2 m de diámetro á altura do peito dun home.[3] A subespecie murrayana é a máis alta. A copa é redondeada e a parte superior é aplanada. En bosques densos, a árbore ten unha copa delgada, e cónica. A formación de árbores xemelgos é común nalgunhas poboacións da Columbia Británica. As pólas elásticas dirixense cara a arriba ou colgan e son difíciles de romper. As pólas están cubertas de curtos brotes que son doados de arrancar.[4][5][6]
O nome de especie é contorta debido aos piñeiros dobrados e retortos que se encontran en zonas costeiras[7] así como polas follas aciculares retortas.[8][9][10][11][12] P. contorta subsp. latifolia hibrida co moi relacionado Pinus banksiana.
A codia de P. contorta latifolia é delgada, escamosa e marrón cincenta.[7] A da forma costeira (P. c. contorta) é algo grosa e parecida a cortiza, fisurada en cadrados.[7] Algúns P. c. latifolia aparecen a alturas baixas e teñen características parecidas ás formas costeiras, incluíndo a codia.[7]
A subespecie murrayana pode vivir séculos e no parque de Yellowstone sábese que algúns P. contorta latifolia viviron 300 anos.[7]
Follas
Os gromos teñen forma oval e son marróns avermellados e dunha lonxitude de 20 a 30 mm. Son bicudos, lixeiramente rotados e moi resinosos. O crecemento de primavera empeza en tempo benigno en abril e o crecemento anual complétase a inicios de xullo. As follas aciculares ou acículas son escuras e principalmente brillantes, agudas e de 4 a 8 cm de longo e de 0,9 a 2 mm de ancho. O bordo da acícula ten dentes de serra suaves ou fortes. As acículas aparecen en pares sobre curtas ramiñas e rotadas sobre os eixes lonxitudinais dos brotes. En Alberta por riba dos 2000 m, teñen feixes de 1 a 5 acículas. Unha poboación cunha alta proporción de feixes de tres acículas vive no Yukón. As acículas viven como media de catro a seis anos, cun máximo de 13 anos.[5] A follaxe do P. c. latifolia é verde amarelada en comparación do P. c. contorta, que é verde escura.[7]
Piñas
As piñas ou conos desta árbore empezan a formarse cando as árbores teñen uns dez anos de idade.[7] Os conos son de 3 a 7 cm de longo, con pugas nas escamas.[7]
Moitas poboacións da subespecie das Montañas Rochosas P. contorta subsp. latifolia teñen conos serotinos. Isto significa que os conos están pechados e deben ser expostos a altas temperaturas, como as dos lumes forestais, para que se abran e liberen as sementes.[13] A variación entre as subespecies neste carácter correlacionouse cos lumes forestais e os ataques do escaravello Dendroctonus ponderosae.[14] Os conos da subespecie da costa do Pacífico P. contorta subsp. contorta son tipicamene non serotinos,[12] e os da subespecie do Pacífico no interior P. contorta subsp. murrayana son completamente non serotinos.[15]
Remove ads
Distribución
Pinus contorta vive desde os bosques de montaña secos superiores ata a rexión subalpina do oeste de América do Norte.[16][17][4] Pode encontrarse no lado oeste da Cordilleira das Cascadas, no interior da Columbia Británica e nas Montañas Rochosas de Alberta, excepto en sitios demasiado altos e secos.[7] Pode tolerar ambientes relativamente hostís como rochas volcánicas a grande altura do centro de Oregón (por exemplo, no lago Cráter) e os solos delgados das ladeiras leste das Cascadas.[7] Máis ao sur a especie pode encontrarse a grandes alturas de ata 3.350 m sobre o nivel do mar, especialmente no sur de Colorado.[7] É raro nos bosques temperados húmidos das terras baixas.[17][4] O piñeiro costeiro pode encontrarse en solos moi infértiles das rexións costeiras desde o sur de Alasca ao norte de California.[7]
As subespecies latifolia e contorta poden encontrarse mesturadas (e aparentemente hibridadas) ao norte de Puget Sound.[7] A subespecie murrayana, menos dependente do lume pode encontrarse nas montañas do norte de California e mesturada con contorta en Oregón.[7] Pinus contorta pode encontrarse no bosque de piñeiros de cono pechado da costa de California.
Remove ads
Ecoloxía
Pinus contorta é unha especie dependente do lume, e necesita incendios para manter poboacións sas de diversas idades. A fina codia que ten minimiza a súa defensa contra o lume, aínda que a calor do lume fai que se abran os conos e liberen as sementes. Isto permite que a especie se rexdenere e manteña o seu lugar no hábitat boscoso.[18] Por outra parte, non lle vai moi ben en bosques ateigados de árbores porque as outras especies son máis tolerantes á sombra, aínda que algúns (por exemplo os abetos) son máis susceptibles ao lume.[7]
O réxime de lume natural destas especies está determinado principalmente polo clima. Os lumes ocorren xeralmente despoois de anos de seca. Os bosques nas rexións montañosas superior e subalpina experimentan moita humidade no inverno pola neve. Os lumes infrecuentes pero graves dominan esta especie.[18][19]

O fungo Suillus tomentosus produce estruturas especializadas chamadas ectomicorrizas tuberculadas coas raíces de Pinus contorta var. latifolia. Estas estruturas é onde se localizan bacterias fixadoras do nitróxeno que contribúen a fixar unha canidade significativa de nitróxeno para a árbore e permiten que estes piñeiros colonicen sitios pobre en nutrientes.[20][21]
Ameazas
Os espécimes grandes da especie son atacados polo escaravello Dendrochtonus ponderosae, e loitan contra el producindo resina pero son superados polo insecto.[7] Tamén o afecta o fungo Grosmannia clavigera, que transporta na súa boca o escaravello. A planta Arceuthobium tamén parasita a especie. Tanto a ameaza do escaravello coma a da planta son freadas polos incendios forestais, que ocorreron en menor número no século XX debido á loita contra os incendios. Máis recentemente, deixouse que incendios producidos por lóstregos non considerados perigosos queimasen áreas silvestres de Idaho e Montana.[7] Unha climatoloxía excepcionalmente fría pode matar parte dos escaravellos.[7]
Un estudo publicado en 2011 concluíu que Pinus contorta podería experimentar reducións significativas na súa distribución debido ao cambio climático a finais do xéculo XXI.[22][23]
Como especie invasora
Pinus contorta é considerada unha especie invasora grave en Nova Zelandia, xunto con outras especies norteamericanas de piñeiros. Está na lista do National Pest Plant Accord e está prohibida a súa venda, propagación comercial e distribución.
Remove ads
Subespecies
Hai catro subespecies de Pinus contorta e dunha delas ás veces considérase que hai dúas variedades.[24] Ás veces, as subespecies son tratadas segundo o rango de variedade.[2][3][25]
Remove ads
Usos
Construción
Os indios nativos americanos usaban estas altas e rectas árbores para construír aloxamentos (Tipis, tendas ou lodges) na área das Montañas Rochosas, de onde se cre vén o nome que ten a árbore en Norteamérica, lodgepole pine.[7] Os europeos utilizábanos para construír cabanas (lodges) de troncos.[7] Os seus troncos aínda se usan en áreas rurais como postes, valados, madeira e leña.[7] A resina do piñeiro costeiro foi utilizada historicamente como cola de pegar.[7]
Realizánse amplas plantacións de Pinus contorta en Noruega, Suecia, Irlanda e o Reino Unido como cultivo forestal para producir madeira. En Islandia úsase para a reforestación ou crear unha cuberta forestal nova.[36] Tamén se usa comunmente en Norteamérica como madeira tratada a presión.
Alimento
Os indios nativos americanos comían a codia interna desta árbore para previr a inanición propia ou dos seus cabalos.[7]
Medicina tradicional
Os pobos indíxenas do noroeste do Pacífico e de California usaban diferentes partes da planta aplicadas interna ou externamente como medicina tradicional para tratar varias doenzas.[37] A goma do piñeiro costeiro usábase con propósitos medicinais e para mascar.[7]
Cultivo
Pinus contorta cultívase como árbore ornamental pola industria horticultora. Nos viveiros cultívanse Pinus contorta subsp. contorta e Pinus contorta subsp. murrayana para o seu uso en xardíns tradicionais e silvestres (que serven de refuxio á vida salvaxe), e como pequenas seleccións de plantas nativas en paisaxismo natural. As variedades menores e cultivares do piñeiro costeiro tamén se utilizan en xardíns de testos (as árbores plántanse en testos ou contedores e non na terra), incluíndo grandes espécimes de bonsais.
Cultivares desta especie son:
- "Chief Joseph", unha variedade anana de Pinus contorta var. latifolia cultivada polas súas acículas de inverno amarelas. Este cultivar gañou o premio da Sociedade Real de Horticultura británica.[38][39]
- "Spaan's Dwarf", unha variedade anana de Pinus contorta var. contorta que crece máis ancha que alta.
Emblema
Este piñeriro é a árbore oficial da provincia de Alberta, Canadá.[40]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
