Pirámide de necesidades de Maslow

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pirámide de necesidades de Maslow
Remove ads

A pirámide de necesidades de Maslow é unha representación gráfica en forma de pirámide das necesidades humanas deseñada polo psicólogo estadounidense Abraham Maslow no seu traballo A Theory of Human Motivation (1943). Segundo a súa teoría as necesidades humanas deben ser atendidas desde a base da pirámide, onde residen as necesidades fisiolóxicas, para poder chegar á cima da pirámide, onde está a autorrealización.

Thumb
1: necesidades fisiolóxicas.
2: necesidades de seguridade.
3: necesidades sociais.
4: necesidades de estima.
5: autorrealización.

Ademais, a xerarquía de necesidades emprégase para estudar de que maneira os seres humanos toman parte intrinsecamente na motivación comportamental. Maslow empregou os termos «fisiolóxico», «seguranza», «pertenza e amor», «necesidades sociais» ou «estima», «auto-realización» e «transcendencia» para describir o patrón a través do cal se moven por vía de regra as necesidades e motivacións humanas. Isto significa que, segundo a teoría, para que apareza a motivación nun individuo na etapa seguinte, teñen que estar xa satisfeitas todas as etapas anteriores. A teoría foi utilizada para explicar como se relacionan o esforzo e a motivación no contexto do comportamento humano. Cada un destes niveis individuais conteñen unha determinada cantidade de sensación interna que hai que satisfacer para que o individuo complete a súa xerarquía.[1] O obxectivo da xerarquía de Maslow consiste en atinxir o nivel ou etapa de auto-realización.

Aínda que de amplo uso e con abundante investigación, a xerarquía de necesidades de Maslow carece de probas concluíntes que a apoien e a súa validez continúa a ser discutida nos medios académicos. Unha das críticas da teoría orixinal, revisada en versións posteriores, é que a xerarquía orixinal que hai que satisfacer completamente un nivel inferior antes de progresar a un obxectivo superior; existen probas que suxiren que os niveis se sobrepoñen uns a outros.

Remove ads

Necesidades fisiolóxicas

No nivel inferior da pirámide residen as necesidades básicas como a inxesta de alimentos, auga e aire, pero tamén a necesidade de durmir, o movemento físico, a excreción e o sexo, entendido como reprodución non como un pracer. En resumo, a necesidade de manter e defender o organismo humano. Só cando esas necesidades están satisfeitos, as necesidades pasan ó nivel seguinte. Se hai fame ou sede, non se pensa en máis nada.

Remove ads

Necesidades de seguridade

O seguinte nivel inclúe as necesidades emocionais como seguridade, estabilidade, orde, protección. Só cando as necesidades de primeiro e segundo nivel son satisfactorias, hai interese por pasar ó nivel seguinte.

Necesidades sociais

Atópanse aquí as necesidades sociais da comunidade, o amor, a amizade. É tamén a importancia de sentirse aceptado polo contorno, familia, veciños e compañeiros de traballo, e mais tamén como un cidadán na súa comunidade.

Necesidades de estima

Neste nivel sitúanse as necesidades de estima, respecto propio, confianza, habilidades, recoñecemento, status e dignidade. Estas necesidades son importantes, pero só cando as necesidades dos tres niveis inferiores están satisfeitas.

Autorrealización

Ó nivel superior acceden só as persoas que cumpriran as necesidades dos catro niveis anteriores, a xente con traballo creativo, que procura retos e que teñen un desexo de desenvolver e empregar as súas habilidades.

Historia

A xerarquía de necesidades de Maslow foi creando segundo Maslow "estudaba e observaba mono [...] fixándose no seu patrón de comportamento infrecuente que xestionaba as prioridades baseándose en necesidades individuais".ref name=":1">Poston, Bob (agosto de 2009). "An Exercise in Personal Exploration: Maslow's Hierarchy of Needs" (PDF). The Surgical Technologist (Association of Surgical Technologists) 308: 348.</ref>

Algúns académicos indíxenas teñen especulado que as súas teorías, incluída a da xerarquía, poden ter sido influenciadas polas ensinanzas e filosofía da tribo dos pés negros, coa que pasou varias semanas realizando traballo de campo en 1938.[2][3] Aínda que esta idea atraeu a atención pública, non existen probas que suxerisen que Maslow tomase prestadas ou roubase ideas para a súa xerarquía de necesidades, que acabou publicando en 1943.[4][5]

A idea de Maslow foi descrita en maior profundidade no seu libro de 1954 Motivation and Personality.[6]

No momento da súa publicación orixinal en 1943 non existían probas empíricas que apoiasen a teoría.[7][8]

Remove ads

Crítica

A xerarquía de necesidades de Maslow ten unha ampla influencia fóra dos medios académicos, posibelmente porque explica cousas "que a maioría das persoas recoñecen inmediatamente nelas mesmas e noutras".[9] Con todo, as ideas de Maslow son moi contestadas. Aínda que a investigación recente pareza validar a existencia de necesidades humanas universais, así como unha ordenación compartida da maneira na que as persoas procuran e satisfacen as necesidades, a xerarquía exacta proposta por Maslow é posta en dúbida.[10][11] A crítida máis estendida é a expectativa de que individuos diferentes, de procedencias semellantes e circunstancias semellantes nas súas vidas respectivas, cando se enfrontan á mesma situación deberían acabar por tomar a mesma decisión. No canto disto, obsérvase polo xeral que as persoas están dirixidas por un conxunto exclusivo de motiviacións e que non resulta posíbel predicir con confianza seu coportamento a partir dos principios de Maslow.

Outra crítica é que que se suba pola pirámida, sendo que a maior parte do tempo as persoas suben e baixan por ela.

Remove ads

Metodoloxía

Maslow estudou persoas como Albert Einstein, Jane Addams, Eleanor Roosevelt e Baruch Spinoza no canto de estudar individuos con doenzas mentais ou neuróticas, afirmando que "o estudo de espécimes tolleitos, impedidos ou doentes só pode producir unha psicoloxía tolleita e unha filosofía impedida".[12][6](pp200)

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads