Jane Addams

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jane Addams
Remove ads

Jane Addams, nada en 1860 en Cedarville (Illinois) e finada en Chicago en 1935, foi unha traballadora social e reformadora norteamericana.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Foi educada entre os Estados Unidos e Europa, en 1899 funda con Ellen Gates Starr a coñecida como Hull House en Chicago,[1], o primeiro centro de axuda social nos Estados Unidos[2] influído polo Toynbee Hall do East End de Londres (fundado en 1884 por Samuel Barnett).

Socia da Liga Antiimperialista de América e fundadora da Unión das Liberdades Civís de América. En 1911 foi elixida presidenta da National Foundation of Settlements and Neighborhodd Centers, entre 1915 e 1934 foi presidenta da Liga Internacional das Mulleres pola Paz e a Liberdade.

Foi a primeira muller estadounidense en ser galardoada co Premio Nobel da Paz, e é recoñecida como a fundadora da profesión do Traballo Social en Estados Unidos. Foi unha pragmatista radical e a primeira muller "filósofa pública" dos Estados Unidos. Cando Addams morreu en 1935 era a figura pública feminina máis coñecida en Estados Unidos.

Remove ads

Premios

En 1931 recibiu o Premio Nobel da Paz.[3]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads