Pleuronectes
xénero de peixes teleósteos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pleuronectes é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos.[1]
Remove ads
Etimoloxía
Pleuronectes deriva dos termos do grego antigo πλευρά pleurá, "costado", "lado", "flanco" e νηκτόν nēktón "acto de nadar", "natación", derivado do verbo νήχειν nḗchein, "nadar", pola forma característica de nadar de lado.
Taxonomía
O xénero foi descrito en 1758 polo naturalista sueco Carolus Linnaeus na 10ª edición da súa obra Systema Naturae.[2]
Especies
Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:
Segundo o WoRMS e FishBase
- Xénero Pleuronectes[1][3]
- Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758 - a solla.[4]
- Pleuronectes putnami (Gill, 1864) - a solla lisa [clasificada por Lahuerta e Vázquez como Liopsetta putnami (Gill, 1864)].[4]
- Pleuronectes quadrituberculatus Pallas, 1814 - a solla de Alasca.[4]
Segundo o SIIT

- Xénero Pleuronectes[5]
- Pleuronectes glacialis Pallas, 1776
- Pleuronectes pinnifasciatus Kner in Steindachner & Kner, 1870
- Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758
- Pleuronectes putnami (Gill, 1864)
- Pleuronectes quadrituberculatus Pallas, 1814
Segundo outros sistemas
- Xénero Pleuronectes[6][7]
- Pleuronectes platessa Linnaeus, 1758
- Pleuronectes quadrituberculatus Pallas, 1814
O WoRMS identifica a Pleuronectes glacialis Pallas, 1776 como Liopsetta glacialis (Pallas, 1776), e a Pleuronectes pinnifasciatus Kner, 1870 con Liopsetta pinnifasciata (Kner, 1870).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads