Pleuronéctidos

familia de peixes teleósteos From Wikipedia, the free encyclopedia

Pleuronéctidos
Remove ads

A dos pleuronéctidos (Pleuronectidae) é unha familia de peixes teleósteos acantopterixios da orde dos pleuronectiformes.

Máis información Clasificación científica, Xéneros e Especies ...

Comprende numerosas especies principalmente mariñas, aínda que algunhas son habitantes de estuarios e incluso dos ríos, que están distribuídas por todos os océanos.[1]

O seu nome deriva do do seu xénero tipo, Pleuronectes, co sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais. Pola súa parte, Pleuronectes deriva dos termos do grego antigo πλευρά pleurá, "costado", "lado", "flanco" e νηκτόν nēktón "acto de nadar", "natación", derivado do verbo νήχειν nḗchein, "nadar", pola forma característica de nadar de lado.

A maioría das súa especies viven sobre o fondo mariño, e teñen os ollos situados no costado dereito.[2]

Os pleuronéctidos apareceron por pormeira vez no rexistro fósil no paleoceno, hai uns 65 millóns de anos, durante o paleóxeno ou terciario temperán.[3][4]

Case todas as especies da familia teñen importancia pesqueira, entre eles as sollas e os fletáns ou hipoglosos.

Remove ads

Morfoloxía

Thumb
Pleuronectes platessa
Thumb
Platichthys flesus
Thumb
Microstomus kitt
Thumb
Parophrys vetulus
Thumb
Hippoglossus hippoglossus

Teñen ambos os ollos normalmente no lado dereito, o preopérculo cunha marxe libre, aletas sen espiñas, coa dorsal estendéndose sobre a cabeza; a vexiga natatoria está ausente nos adultos.[1]

O lado que mostran cara a arriba está pigmentado, tendo a capacidade de realizar espectaculares cambios de cor co obxecto de confundirse co fondo mariño onde se apoia, chegando incluso a imitar os debuxos das pedras e outros trazos.[1]

Remove ads

Hábitat e reprodución

Son depredadores bentónicos de peixes e invertebrados, algúns, como o halibut, en fondos de máis de 1000 m.[1]

Son desovadores peláxicos con abandono da posta; os ovos non teñen depósito de aceite na xema.[1]

Sistemática

Segundo o ITIS

Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), a familia dos pleuronéctidos tería 21 xéneros agrupados en 5 subfamilias:[5]

Segundo a FishBase e o WoRMS

Segundo o sistema FishBase, na familia dos pleuronéctidos entrarían como subfamilias unha serie de taxons que no sistema ITIS son considerados como familias á parte, máis concretamente as subfamilias dos Paralichthodinae, Poecilopsettinae e Rhombosoleinae,[6] polo que habería uns 40 xéneros e máis de 100 especies agrupadas nas seguintes 4 subfamilias:[1]

Nota: o WoRMS admite, ademais, o xénero Lyospsetta (que tamén admite o SIIT), dentro da subfamilia dos Pleuronectinae.[7]

  • Subfamilia Paralichthodinae Regan, 1920
  • Subfamilia Pleuronectinae Rafinesque, 1815
    • Xénero Acanthopsetta (Schmidt 1904)
    • Xénero Atheresthes (Jordan & Gilbert 1880)
    • Xénero Cleisthenes (Jordan & Starks 1904)
    • Xénero Clidoderma (Bleeker 1862)
    • Xénero Dexistes (Jordan & Starks 1904)
    • Xénero Embassichthys (Jordan & Evermann 1896)
    • Xénero Eopsetta (Jordan & Goss 1885)
    • Xénero Glyptocephalus (Gottsche 1835)
    • Xénero Hippoglossoides (Gottsche 1835)
    • Xénero Hippoglossus (Cuvier 1816)
    • Xénero Hypsopsetta (Gill 1862)
    • Xénero Isopsetta (Lockington 1883)
    • Xénero Kareius (Jordan & Snyder 1900)
    • Xénero Lepidopsetta (Gill 1862)
    • Xénero Limanda (Gottsche 1835)
    • Xénero Liopsetta (Gill 1864)
    • Xénero Microstomus (Gottsche 1835)
    • Xénero Parophrys (Girard 1854)
    • Xénero Platichthys (Girard 1854)
    • Xénero Pleuronectes (Linnaeus 1758)
    • Xénero Pleuronichthys (Girard 1854)
    • Xénero Psettichthys (Girard 1854)
    • Xénero Pseudopleuronectes (Linnaeus 1758)
    • Xénero Reinhardtius (Gill 1861)
    • Xénero Tanakius (Hubbs 1918)
    • Xénero Verasper (Jordan & Gilbert 1898)
  • Subfamilia Poecilopsettinae Norman, 1934
    • Xénero Marleyella (Fowler 1925)
    • Xénero Nematops (Günther 1880)
    • Xénero Poecilopsetta (Günther 1880)
  • Subfamilia Rhombosoleinae Regan, 1910
    • Xénero Ammotretis (Günther 1862)
    • Xénero Azygopus (Norman 1926)
    • Xénero Colistium (Norman 1926)
    • Xénero Oncopterus (Steindachner 1874)
    • Xénero Pelotretis (Waite 1911)
    • Xénero Peltorhamphus (Günther 1862)
    • Xénero Psammodiscus (Günther 1862)
    • Xénero Rhombosolea (Günther 1862)
    • Xénero Taratretis (Last 1978)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads