Pobo powhatan

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo powhatan
Remove ads

Os powhatan son un pobo indíxena do estado de Virxinia.[1] Os powhatan tamén eran coñecidos como algonquinos de Virxinia, xa que a lingua powhatan era unha algonquina tamén coñecida como algonquino de Virxinia. Estímase que entre 14 000 e 21 000 powhatan vivían no leste de Virxinia cando os ingleses colonizaron Jamestown en 1607.[2]

Datos rápidos Instancia de, Poboación total ...

A finais do século XVI e comezos do XVII, un mamanatowick (xefe tribal) chamado Wahunsunacawh creou unha poderosa organización que abranguían máis de 30 pobos tributarios, e cuxo territorio ocupaba máis que o leste de Virxinia. Esa área era chamada Tsenacommacah ("terra densamente poboada"). Wahunsunacawh foi coñecido polos ingleses como "Xefe Powhatan".[3] Cada unha das tribos dentro desta organización contaba co seu propio weroance (líder, comandante), mais pagaban tributo ós powhatan.[4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads