Ponte do Pedrido
ponte sobre a ría de Betanzos, entre Bergondo e Paderne From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A ponte do Pedrido é unha ponte en arco que cruza a ría de Betanzos, unindo os concellos de Bergondo e Paderne (ámbolos dous na provincia da Coruña). Foi proxectado polos enxeñeiros Eduardo Torroja Miret e César Villalba Granda.
Remove ads
Historia
Dende tempos remotos, as dúas beiras da ría de Betanzos estaban comunicadas por medio dun servizo de pasaxe en bote de remo. Tendo en conta que o emprego desta pasaxe acurtaba en gran medida a distancia quilométrica entre as cidades da Coruña e Ferrol, a principios do século XX as autoridades proxectaron construír unha ponte que dese fluidez á comunicación por estrada entre ámbalas dúas poboacións, e que simultaneamente non entorpecese a navegación pola ría. Tras diversos estudos, en 1939 inicia a construción da ponte, que non remataría até 1942. A inauguración oficial da obra produciuse o 15 de abril de 1943.[1][2]
Remove ads
Estrutura
A ponte, de máis de 520 metros de lonxitude e edificada na súa totalidade en formigón armado, divídese claramente en tres treitos. O primeiro consta dun taboleiro de 340 metros, recostado sobre dez arcos dobres. O segundo (o máis emblemático), componse dun grande arco dobre que soporta, por medio de corenta péndolas, un taboleiro de 78,40 metros. O terceiro e último componse de tres arcos dobres de formigón, sobre os que se apoian os 102 metros de taboleiro restantes.
A ponte do Pedrido continúa a dar servizo á estrada AC-164, se ben a súa importancia estratéxica diminuíu debido á súa estreiteza (tan só mide sete metros de ancho) e á construción nas súas inmediacións da ponte da ría de Betanzos, pola que discorre a autoestrada do Atlántico.
Remove ads
Galería de imaxes
- Baixo a ponte.
- A ponte da AP-9 dende a ponte do Pedrido.
- Fito quilométrico pintado no pretil.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads