AP-9

autoestrada da Coruña a Tui con ramal a Ferrol e Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia

AP-9
Remove ads

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

Datos rápidos AP-9 Autoestrada do Atlántico, Tipoloxía ...

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

Remove ads

Historia

Thumb
Ponte de Rande.
Thumb
Ponte da Ría (Pontevedra).

En 1973 o Estado concedeu a construción da autoestrada a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A., hoxe pertencente a Sacyr Vallehermoso. A autoestrada supuxo un investimento duns 1428 millóns de euros. O 18 de agosto de 1973 o goberno franquista concedeu a autoestrada a un grupo de bancos.[1] O 16 de outubro de 1973, constituíuse a sociedade Audasa. Axiña xurdiu oposición social ao proxecto.[2]

O 17 de decembro comezou a construción da ponte de Rande. As seguintes obras en comezar foron as do acceso a Vigo o 1 de xullo de 1975, as do tramo "Ponte de Rande - Pontevedra Sur" 2 meses despois, e "A Coruña - Santiago Norte" un ano despois. Estes tramos foron inaugurados entre 1979 e 1984.

En 1988 inaugurouse o tramo "Santiago Norte - Santiago Sur". En 1989 comezaron as obras da ponte da Ría sobre a ría de Pontevedra. En 1990 inauguráronse os tramos "Santiago Sur - Padrón".[3] Ao ano seguinte abriuse ao público o tramo "Padrón - Caldas de Reis", e en 1992 "Pontevedra Norte - Pontevedra Sur" e "Caldas de Reis - Pontevedra".

Entre 1993 e 1997 comezaron as obras entre "Guísamo - Miño"; "Rande - Puxeiros" e "Miño - Fene".De 1997 a 2000, inauguráronse tódalas obras anteriores xunto co tramo "Teis - Intercambiador de Rebullón". No ano 2000 prolongouse a Autoestrada do Atlántico coa incorporación do tramo do "Acceso norte a Ferrol". Dende o 2001 até a actualidade, iniciáronse só as seguintes dúas obras: acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón; e o tramo "Intercambiador de Rebullón - Portugal".

A concesión da autoestrada foi ampliada en dúas ocasións, segundo Julio Costas Comesaña de xeito irregular.[4] No 1994 o ministro Josep Borrell do PSOE prorrogou a concesión até o 18 de agosto do 2023. Igualmente no ano 2000, un antes das eleccións ao parlamento do Galicia, o goberno popular de Manuel Fraga ampliou a concesión da autoestrada até o 18 de agosto do 2048.[5]

No ano 2003 o goberno de Jose María Aznar vendeu a empresa pública ENA, coa AP-9 como grande activo, a un consorcio liderado pola empresa madrileña Sacyr, con participación de Caixanova, Caixa Galicia e Caja de Ahorros de Huelva e Sevilla, por 1586 millóns de euros.[6] Esta empresa pasou a controlar no 2005, a través do grupo Itínere, o 100% de Audasa, concesionaria da AP-9.[7]

A propiedade de Audasa foi trocando de mans co tempo. En 2018 Globalvía mercou por 723 millóns de euros o 55,6% de Itinere.[8] Globalvía pertence a fondos de pensións controlados por tres compañías: a canadense USS, a holandesa OPTrust e PGGM, do Reino Unido. En 2019 Liberbank vendeu por 77 millóns de euros o 5,67% a Corsair chegando a ter o 43,6% de Audasa.[9]

Transferencia

En decembro de 2018 o congreso aprobou o traspaso da titularidade AP-9 a Galiza, unha transferencia solicitada coa unanimidade do parlamento galego.[10] Dous anos despois, en xaneiro de 2020, como parte dos acordos para a investidura de Pedro Sánchez, o BNG pactou a axilización da transferencia e unha rebaixa para os usuarios recorrentes nas peaxes da autoestrada.[11]

En febreiro de 2021, máis de dous anos despois de aceptalo por primeira vez, e cinco anos despois da primeira unanimidade ao respecto no Parlamento de Galicia, o pleno do Congreso dos Deputados volveu aceptar o inicio da tramitación da lei para o traspaso das competencias sobre a AP-9 ao Goberno galego.[12]

Máis información país, compañía ...
Remove ads

Datos

Thumb
Ponte da ría de Ferrol.

A Autoestrada do Atlántico conta con 444 pasos a través da autoestrada e 6 túneles, que en total suman 7 km ao longo de toda a autoestrada. Ademais ten 65 pontes e viadutos, entre eles a que no seu día foi a ponte atirantada con máis de dous carrís máis longa do mundo, a ponte de Rande, protagonista de diversos anuncios publicitarios. Mide 1.555 metros, e obtivo en 1979 o premio europeo á construción metálica máis destacada.

En 1996, cando contaba con 156,3 km de lonxitude, a empresa concesionaria ingresou 46 870 000 € en concepto de peaxes, cunha afluencia media de 13.852 vehículos diarios. No 2004, xa con 219,6 km, ingresáronse 118 290 000 €, cunha media de 22.565 vehículos diarios, 38,61 % máis ca 8 anos antes.

Tarifas

En 2024 a tarifa máxima (para cruzar de norte a sur, é dicir, dende Ferrol até Tui) era de:[13]

Máis información Categoría, Vehículos ...

Peaxes do tramo Fene–A Coruña en 2024

Máis información Tipo de vehículo, Prezo ...

Peaxes do tramo A Coruña–Santiago en 2024

Máis información Tipo de vehículo, Prezo ...

Peaxes do tramo Santiago–Pontevedra en 2024

Máis información Tipo de vehículo, Prezo ...

Peaxes do tramo Pontevedra–Vigo/Puxeiros en 2024

Máis información Tipo de vehículo, Prezo ...

Peaxes do tramo Puxeiros–Tui en 2024

Máis información Tipo de vehículo, Prezo ...
Remove ads

Tramos

Máis información Denominación, Tramo ...

Zonas libres de peaxe

Thumb
Peaxe á entrada de Santiago de Compostela desde o sur.

Dende o fin da autoestrada en Ferrol ata a peaxe de Fene segue sendo AP-9 e actuando coma circunvalación de Ferrol, Narón, Neda e Fene.

Coma variante da SC-20 a AP-9 forma parte da circunvalación de Santiago de Compostela.

Dende a peaxe de Poio ata a saída cara a Ourense-N-554 segue sendo AP-9 formando parte da circunvalación de Pontevedra. En Vigo tamén pasa a ser AP-9, formando parte da circunvalación de Vigo só nas saídas cara a Vigo, A-55, A-52 e AG-57.

Saídas AP-9

Tramo AP-9F: "Guísamo - Ferrol"

Máis información Número de Saída, Nome de Saída ...

Tramo AP-9: "A Coruña - Tui"

Máis información Número de Saída, Nome de Saída ...

Tramo AP-9V: "AP-9 - Vigo"

Máis información Número de Saída, Nome de Saída ...
Remove ads

Uso do galego

Malia que o seu percorrido discorre completamente por Galiza, na autoestrada AP-9 moitos dos paneis informativos están en castelán, como os indicadores dos viadutos, das áreas de servizo, ou os carteis informativos das peaxes. En 2013 Audasa recibiu 54 denuncias da Garda Civil por rotular en galego os sinais da autoestrada. Estas sancións foron anuladas e o Ministerio de Fomento ordenou que se rotulasen as peaxes da autoestrada en galego, castelán e inglés[14].

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads