Populus

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Populus
Remove ads

Os chopos[1][2] ou álamos[2][3] son especies arbóreas pertencentes ao xénero Populus. O xénero comporta unhas 40 especies de árbores e arboriñas das zonas temperadas e frías setentrionais. Aparecen no Cretáceo Inferior, mais é no Terciario cando acadan unha ampla representación. Pertencen á familia das salicáceas. En Galicia non son moi comúns as especies bravas, atopando, porén, moitos exemplares de chopos negros ou lamigueiros e chopos brancos en parques e xardíns urbanos e reforestacións á beira dos regos para produción de madeira. Nalgúns lugares téñense mesmo naturalizado.

Máis información Chopos (xénero Populus), Clasificación científica ...
Remove ads

Etimoloxía

Nome científico

O nome do xénero: Populus, do que derivan a forma galega chopo, vén do latín: pōpŭlus, termo de orixe descoñecida, aínda que seguramente se refira ao pobo, evocando ás prazas públicas en tempos romanos, normalmente sombreadas con estas árbores[4].

Localización

Atópanse en todas as rexións temperadas do hemisferio norte de onde son oriúndas e nas do hemisferio sur como plantas introducidas. Actualmente a súa área de dispersión inclúe América do Norte e Asia central.

Os híbridos desta especie están moi estendidos, sobre todo orientada ao seu potencial produtor de madeira.

Descrición

Árbores ou arboriñas, de follas simples, alternas e caedizas, habitualmente anchas e de bordos enteiros, aserrados, dentados, lobulados ou festoneados. As xemas áchanse cubertas por escamas. O pecíolo é longo e glanduloso, con frecuencia aparece comprimido lateralmente, o que confire gran mobilidade á folla.

O froito ten forma de cápsula, lampiño, dehiscente , de cor verdosa que se torna parda ao madurar. Ceiba numerosas sementes miúdas arrodeadas dunha especie de flocos de cotón.

Son especies de luz e de temperamento robusto. Adoitan amosar grande avidez pola auga, polo que é frecuente encontralos á beira de regueiros superficiais ou delatando cursos subterráneos. De crecemento rápido, poden acadar grandes talles. As necesidades en canto a nutrientes son elevadas.

Especies

Thumb
Chopos en Galilea (A Rioxa- España).

* Populus sección Aegiros[5] – Chopos negros ou álamos negros América do Norte, Europa, Asia occidental; clima temperado

    • Populus deltoidesChopo de Carolina[2]
    • Populus fremontii (Oeste de Norteamérica)
    • Populus nigraChopo negro, lamigueiro ou álamo negro (Europa). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Populus. Especie abundante na Península Ibérica. Plantado como ornamental e para uso forestal (non moi abondoso) en Galicia.
      • Populus x canadensisChopo canadense[6]. Híbrido entre Populus nigra × Populus deltoides)
      • Populus nigra 'Italica'Chopo lombardo[2], cultivar do chopo negro seleccionado en Lombardía no século XVII e que se usa con motivos ornamentais.
  • Populus sección PopulusÁlamos tremedores e brancos. Clima subártico circumpolar e temperado frío, e montañas máis ao sur.
    • Populus tremulaÁlamo tremo ou álamo tremedor (Europa, Asia setentrional). Especie abundante na Península Ibérica.
    • Populus adenopoda (Asia oriental)
    • Populus albaChopo branco ou álamo branco (Dende a Europa meridional a Asia central). Especie abundante na Península Ibérica. De uso en xardinería en Galicia.
      • Populus alba 'Bolleana' ou Populus alba var. pyramidalis Bunge– Chopo boleana, Chopo branco columnar ou piramidal. Oriúndo do Turkestán, moi utilizado como árbore ornamental na Europa temperada e mediterránea.
      • Populus × canescensÁlamo cano[7] (segundo algúns autores híbrido entre o Populus alba e o Populus tremula).
    • Populus davidiana (Asia oriental)
    • Populus grandidentata (Norteamérica oriental)
    • Populus sieboldii (Asia oriental)
    • Populus tremuloides (Norteamérica)
Thumb
Follas de Populus lasiocarpa
  • Populus sección Tacamahaca Norteamérica, Asia; clima temperado fresco.
    • Populus angustifolia (Centro de Norteamérica)
    • Populus balsamifera (= P. candicans, P. tacamahaca)
    • Populus cathayana (Nordeste de Asia)
    • Populus koreana J.Rehnder (Nordeste de Asia)
    • Populus laurifolia (Asia central)
    • Populus maximowiczii A.Henry (Nordeste de Asia)
    • Populus simonii (Nordeste de Asia)
    • Populus szechuanica (Nordeste de Asia). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Aegiros.
    • Populus trichocarpa (Oeste de Norteamérica)
    • Populus tristis (Nordeste de Asia). Situado aquí polo ADN nuclear; o ADNcp colócao na sección Aegiros.
    • Populus ussuriensis (Nordeste de Asia)
    • Populus yunnanensis (Leste de Asia)
  • Populus sección Leucoides Norteamérica oriental, Asia oriental; clima temperado
    • Populus heterophylla (Sueste de Norteamérica)
    • Populus lasiocarpa (Asia oriental)
    • Populus wilsonii (Asia oriental)
  • Populus sección Turanga – Chopos subtropicais. Suroeste de Asia, leste de África; clima subtropical a tropical
    • Populus euphratica – Chopo do Éufrates (suroeste de Asia)
    • Populus ilicifolia (Leste de África)
  • Populus sección Abaso – Chopos mexicanos. México; clima subtropical a tropical
    • Populus guzmanantlensis (México)
    • Populus mexicana (México)
Remove ads

Usos - populicultura

Cultivado en lameiros e estacións húmidas de auga movida e rica en nutrientes, é aproveitado especialmente en España polo seu rápido crecemento (baixo liñas de mellora xenética); presenta fustes longos e rectos, e adoita plantarse en formacións regulares chamadas en castelán: choperas (formación de chopos).

A madeira é de boa calidade malia ser unha especie de crecemento rápido: en bos solos chega a medrar máis de 20 m3/ha/ano. Se se seguiu un bo itinerario silvícola a madeira destínase a mobles de baixa densidade, costeiros e chapa; mais o seu uso máis salientábel é o da industria do taboleiro contrachapado. Se presenta unha diminución de calidade notábel e non satisfai a demanda do contrachapado, destínase á industria de trituración depreciándose así o prezo por metro cúbico.

Tamén pode mencionarse o uso para caixas de madeira típicas da froita e como soporte de lenzos na pintura, como por exemplo na Mona Lisa.

Son tamén apreciados coma árbores de sombra en parques e paseos.

Son utilizados no sur da Arxentina como cortinas forestais cortaventos.[8]

Un dos usos máis interesantes das árbores pertencentes a este xénero é o seu uso en fitorremediación, tanto usando directamente a planta como a partir dela, conseguindo, mediante biotecnoloxía, replicar a súa capacidade para acumular xenobióticos noutras especies.[9]

Thumb
Aromia moschata, un cerambícido que ataca os chopos brancos.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads