Poros
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Poros (en grego: Πόρος) é unha pequena illa dobre grega en parte sur do golfo Sarónico a unha distancia de 48 km ao sur do Pireo e separada por unha canle marítima de douscentos metros do Peloponeso.
A súa superficie é de 31 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 4.000 habitantes (2011).[1] O nome antigo de Poros era Pogon.
Poros está formada por dúas illas: Sphairia, a parte sur, a cal ten unha orixe volcánica e Kalaureia a parte norte.
A illa contén un rica vexetación. Moita da parte norte, leste e oeste ten unha vexetación moi tupida con bosques de piñeiros no sur e o centro.
Remove ads
Xeografía e xeoloxía
A illa é moi montañosa. O pico máis alto é o Vigla de 358 metros en parte centro-oeste. A illa posúe numerosas calas nas que desembocan pequenos regatos estacionais.
A xeoloxía da illa comprende rocas de sedimento do mesozoico ao cenozoico (calcaria e arenito do tipo Flysch) e ofiolita, así como rocas volcánicas do período neóxeno en Sferia.
A illa, tectonicamente, emerxeu na era terciaria.
Historia
Os estudos recentes suxiren que Poros estivo inhabitada ata a idade de bronce. Tumbas na illa foron datadas no período micénico existindo estruturas desde polo menos mil anos antes de Cristo.
A antiga cidade de Kalaureia foi o refuxio de Poseidón, as ruínas da edificación atópanse aínda accesibles nun outeiro próximo á cidade. Estas ruínas poden estar relacionadas cos santuarios de Geraistos e Tainaros.
Algúns historiadores antigos indicaron a Poros coa casa de Anfictionía no período arcaico, unha liga de cidades composta por Poros, Atenas, Exina, Epidauro, Ermioni, Nauplia e Orcómeno. De todos os xeitos non existen evidencias disto.
Na época do imperio Bizantino, Poros e outras illas da zona sufriron o acoso dos piratas.
Durante a ocupación do Imperio Otomán Poros permaneceu independente e axudou ás illas veciñas a iniciar a guerra de independencia de Grecia.
Poros foi devastado por un incendio que queimou o suroeste o 26 de xuño de 2007 que destruíu bosque, casas e negocios.

Remove ads
Lugares de interese
A cidade de Poros posúe bonitos edificios neoclásicos construídos en forma de anfiteatro na ladeira dunha montaña. Nesta cidade atópase a torre do reloxo en 1927.

O museo arqueolóxico de Korizis mostra os restos do santuario de Poseidón, Trecén e outros procedentes de sitios arqueolóxicos próximos.
A prestixiosa [academia naval helénica] está situada en Poros, a cal ten o primeiro estaleiro moderno de Grecia, establecido durante a guerra de independencia grega en 1827
Demografía
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
