Valencia Basket

From Wikipedia, the free encyclopedia

Valencia Basket
Remove ads

O Valencia Basket Club S.A.D. é un club profesional de baloncesto da cidade de Valencia, que xoga na liga ACB, a máxima competición do baloncesto español. Fundado en 1986, o club é herdeiro da sección de baloncesto do Valencia Club de Fútbol. Estaba patrocinado pola empresa Pamesa, polo que era comunmente coñecido até 2009 como Pamesa Valencia. Disputa os seus encontros no Pavelló Font de Sant Lluís de Valencia, pavillón con capacidade para 8 500 espectadores,[1] e viste camiseta e pantalón laranxa.

Datos rápidos Información xeral, Liga ...
Remove ads

Historia

O Valencia Basket Club foi fundado o 27 de setembro de 1986 despois de que o Valencia CF decidise pechar a súa sección de baloncesto.[2] O 4 de maio de 1988, co equipo participando na súa segunda temporada na Primeira División B, naquela altura a segunda categoría do baloncesto español, o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso á máxima categoría, a Liga ACB. Alí permaneceu até a temporada 1994−95, cando descendeu á Liga EBA xunto co CB Breogán. Este descenso produciuse despois de perder nos playoffs pola permanencia ante o Somontano Huesca por (1−3). Na seguinte temporada, tras ser subcampión da Liga EBA nunha tempada sen ascensos, o Valencia comprou a praza ACB do Amway Zaragoza. Así, o Valencia xoga initerrompidamente na máxima categoría desde a temporada 1996−97 até a actualidade.

O 2 de febreiro de 1998, o daquela chamado Pamesa Valencia, gañou o seu primeiro título nacional tras vencer ao Pinturas Bruguer Badalona. O resultado da final, xogada no Polideportivo Pisuerga de Valladolid foi de 89−75. Un ano máis tarde, o 13 de abril de 1999, o club xogou a final da Copa Saporta. Porén, o club caeu derrotado polo Benetton Treviso por 64−60, nunha final disputada no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza. Tres anos máis tarde, o Valencia conseguiu chegar de novo á final, máis o equipo volveu caer derrotado. Esta vez a vitoria foi para o Montepaschi Siena por 81–71, en Lión.

Thumb
Sam Van Rossom.

Despois destas derrotas, chegaría unha etapa histórica para o club. En liga, na temporada 2001−02, o Valencia chega á final, aínda que non puido gañar ningún xogo da súa serie ante o FC Barcelona. Porén, antes desta derrota, esta o vez o equipo si foi quen de gañar o seu primeiro título europeo: a Copa ULEB. O Valencia conseguiu proclamarse campión desde de derrotar ao Krka Novo Mesto por un global na eliminatoria de 154–168. Esta vitoria, ademais, garantiulles a participación na seguinte edición da Euroliga. Na seguinte temporada, na súa primeira participación na principal competición continental, o club logrou a súa clasificación para o Top 16, máis foi eliminado despois de rexeitar xogar na Man de Elías ante o Maccabi Tel Aviv aducindo problemas de seguridade en Israel.[3]

O 18 de abril de 2010, o naquela altura chamado Power Electronics Valencia, gañou o seu segundo título europeo, ao vencer ao Alba Berlín por 67−44 na final da EuroCup disputada no Fernando Buesa Arena de Vitoria. Isto permitiu ao club volver á Euroliga sete anos despois da súa primeira participación no torneo. Esta vez, Valencia chegou aos cuartos de final da Euroliga, onde foi eliminado polo Real Madrid, que gañou a serie de playoffs por unha marxe de 3−2. O 7 de maio de 2014 o Valencia consegue o seu terceiro título da EuroCup, esta vez vencendo na final a dobre partido ao UNICS Kazan.

O 5 de xuño de 2017, o Valencia clasificouse para a súa segunda final da Liga ACB de España após derrotar ao Baskonia nas semifinais. A diferenza da primeira vez, esta vez os valenciano conseguiron gañar o seu primeiro título de liga. Na final o equipo venceu ao Real Madrid por 3−1. Esa mesma temporada, o club tamén chegou á final da Copa do Rei e da EuroCup, mais perdeu as finais ante o propio Real Madrid e o Unicaja, respectivamente. O cuarto título europeo da EuroCup do club chegou dous anos despois, o 16 de abril de 2019, cando a Valencia venceu ao Alba Berlín na final a dobre partido.

Remove ads

Patrocinios

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Valencia-Hoja del Lunes (1986–1987)
  • Pamesa Valencia (1987–2009)
  • Power Electronics Valencia (2009–2011)

Xogadores

Véxase tamén: Xogadores do Valencia BC.

Cadro actual

Máis información Xogadores, Adestradores ...

Dorsais retirados

Máis información N°, Xogador ...

Destacados

Galardóns individuais

MVP da ACB

MVP da Final da ACB

MVP da Copa do Rei

  • Nacho Rodilla – 1998

MVP da Supercopa

Mellor quinteto da ACB

Segundo mellor quinteto da ACB

Campión do Concurso de Mates da ACB

Thumb
Bojan Dubljević.

MVP das Finais da EuroCup

  • Dejan Tomašević – 2003
  • Matt Nielsen – 2010
  • Justin Doellman – 2014
  • Will Thomas - 2019

Estrela emerxente da EuroCup

Segundo mellor quinteto da Euroliga

Mellor quinteto da EuroCup

Segundo mellor quinteto da EuroCup

Remove ads

Adestradores

A seguinte é unha lista dos adestradores do Valencia Basket desde a súa fundación.

  • España Toni Ferrer (1986–1987)
  • España Antoni Serra (1987–1989)
  • España Toni Ferrer (1989)
  • España José Antonio Figueroa (1989–1991)
  • España Fernando Jiménez (1991)
  • España Manu Moreno (1992–1995)
  • Estados Unidos Herb Brown (1995)
  • Serbia Mihajlo Vuković (1995–2000)
  • España Luis Casimiro (2000–2002)
  • España Paco Olmos (2002–2004)
  • España Pablo Laso (2004–2005)
  • España Chechu Mulero (2005)
  • España Ricard Casas (2005–2006)
  • España Chechu Mulero (2006)
  • Grecia Fotios Katsikaris (2006–2008)
  • Croacia Neven Spahija (2008–2010)
  • España Manolo Hussein (2010)
  • Serbia Svetislav Pešić (2010–2011)
  • España Paco Olmos (2011–2012)
  • Croacia Velimir Perasović (2012–2015)
  • España Carles Duran (2015)
  • España Pedro Martínez (2015–2017)
  • España Txus Vidorreta (2017–2018)
  • España Jaume Ponsarnau (2018–2021)
  • España Joan Peñarroya (2021–2022)
  • España Álex Mumbrú (2022–presente)
Remove ads

Palmarés

EuroCup

  • Campións (4): 2003, 2010, 2014, 2019
  • Subcampións (2): 2012, 2017

Liga ACB

Copa do Rei

  • Campións (1): 1998
  • Subcampións (4): 2000, 2006, 2013, 2017

Supercopa

  • Campións (1): 2017
  • Subcampións (1): 2010

Historial

Thumb
O Valencia en 2009.
Máis información Ano, Nivel ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads