Poznan

From Wikipedia, the free encyclopedia

Poznanmap
Remove ads

Poznan[1][2][3] ou Poznán,[4] (en polaco Poznań, en latín: Posnania, en alemán: Posen, yiddish: פּױזן (Pojzn), tamén utilizado en ocasións festivas o seu nome histórico: Stołeczne Miasto Poznań, "Cidade capital de Poznań") é unha das máis antigas e grandes cidades polacas (quinta por poboación absoluta con 567.000 habitantes e sexta por extensión xeográfica), situada a beiras do río Varta. Capital da rexión da Gran Polonia e arquidiocese de Poznan. Poznan atópase entre Berlín (270 km) e Varsovia (300 km) e é un importante nó ferroviario e vía de comunicación por estrada no país (estradas europeas E30 e E261), posúe ademais un aeroporto internacional.

Datos rápidos Lema, Localización ...

Poznan é recoñecida por ser o berce da nación polaca, por cumprir no pasado a función de capital do estado e por ser a residencia dos monarcas polacos. Polo nomeamento do presidente da nación, Lech Kaczyński, con data 11 de decembro de 2008 foi declarada, Poznan - conxunto histórico, en recordo da memoria histórica. Poznan é candidata a Capital Europea da Cultura en 2016.

Remove ads

Historia

Thumb
A Casa do Concello de Poznan.
Thumb
Antiga Praza Maior.
Thumb
Catedral Poznan.
Thumb
Igrexa da Colexiata de Poznan.
Thumb
Museo Nacional.

Poznan é unha das cidades máis antigas da actual Polonia. É un importante centro histórico e a capital de Voivodia de Gran Polonia. Algúns historiadores pensan que foi a capital de Polonia no século X, durante o goberno dun dos primeiros knyaz de dinastía de Piastas. O territorio de influencia da cidade de Poznan recibe en polaco o nome de Poznańia, territorio que ocupa o centro-oeste da rexión chamada Gran Polonia ou (en polaco) Wielkopolska.

É un lugar hipotético do acto simbólico de bautizar a todos os polacos, cando o príncipe Mieszko I converteuse ao cristianismo. Seguramente o primeiro bispo polaco, Jordan, instalouse en Poznan, na actual Illa da Catedral coa primeira das catedrais da cidade (968).

Poznan foi a capital da rexión da Gran Polonia até que esta pasou a converterse en posesión de Prusia en 1793 coa Segunda Partición de Polonia, cando a súa área administrativa pasou a denominarse Prusia Meridional. En 1797 os límites da cidade foron ampliados para incluír os asentamentos fóra das murallas, e en 1800 anexionouse a illa de Ostrów Tumski (incluíndo a cidade separada de Chwaliszewo) e áreas sobre a beira dereita do Warta, incluíndo Śródka e as máis pequenas cidades de Ostrówek e Łacina.

Durante o Levantamento da Gran Polonia de 1806, soldados polacos e voluntarios civís colaboraron cos esforzos de Napoleón por expulsar ás forzas prusianas. A cidade converteuse en parte do Ducado de Varsovia en 1807 e capital do Departamento de Poznan. Con todo, tras o Congreso de Viena, a Gran Polonia foi devolta a Prusia, e Poznan pasou a ser a capital do autónomo Gran Ducado de Pousen. Despois das Revolucións de 1848, Poznan converteuse en capital da Provincia prusiana de Pousen. Posteriormente pasou a formar parte do Imperio Alemán coa unificación dos estados alemáns en 1871.

Trala derrota do Imperio Alemán na primeira guerra mundial, tivo lugar o Alzamento da Gran Polonia (1918-1919) que liberou a cidade así como a maior parte da Gran Polonia. Durante a Segunda República Polaca de entreguerras, foi a capital do Voivodato de Poznan. A Universidade de Poznan, agora coñecida como Universidade Adan Mickiewicz, foi fundada en 1919. Durante a segunda guerra mundial, Polonia sufriu a ocupación Nazi e a poboación foi reprimida con severidade. En 1945, Adolf Hitler declarou a cidade un Festung (un lugar fortificado no cal as forzas alemás conducisen unha última defensa). Como Poznan atópase na ruta directa entre Varsovia e Berlín, o Exército Vermello primeiro cercou para logo asaltar a defensa alemá na Batalla de Poznan, que culminou no asalto sobre a cidadela, causando graves danos á cidade. Desde o final da guerra, Poznan foi a capital da súa área circundante, a pesar de que as fronteiras administrativas foron modificadas en 1957, 1975, e 1999. Así mesmo, Poznan é actualmente a sede do Voivodato de Gran Polonia, unha das dezaseis provincias de Polonia.

As manifestacións obreiras e os combates contra as forzas de seguridade do 28 e 29 de xuño de 1956 (Protestas de Poznán de 1956) foron algúns dos acontecementos principais da historia recente de Polonia.

Remove ads

Economía

Poznan é un dinámico centro empresarial, académico, científico e cultural. Centro industrial (grandes empresas - Volkswagen, MAN, Unilever, Beiersdorf, Bridgestone, Imperial Tobacco, Kompania Piwowarska) e de servizos, coa anual Feira Internacional de Poznan e oitenta exposicións diversas. As feiras de mostras, xuntanzas e congresos atraen cada ano 500 mil de visitantes (o que representa 50% do mercado feiral en Polonia), garantindo á cidade o segundo lugar entre as cidades máis importantes do turismo de negocios en toda Europa Central e do Leste).

En Poznan hai oito institutos públicos de ensino superior (entre eles 4 universidades) e dezasete escolas privadas, onde estudan aproximadamente preto de 142 mil estudantes. Por cada 1000 habitantes hai 221 estudantes, o que provoca que Poznan sexa neste sentido, a primeira cidade polaca que conte coa comunidade estudantil máis extensa. O mercado de traballo é moi favorable aos cidadáns. Poznan tiña en 2009 a menor taxa de desemprego de tódalas cidades polacas (2%), e o Voivodato da Gran Polonia menos do 10%.

Thumb

Panorama da cidade de Poznan tomada dende a parte nordeste da cidade en Nowe Miasto.
Remove ads

Demografía

Thumb
Centro comercial Stary Browar.

Festividades

A festa máis importante da cidade é 11 de novembro, a festa de San Martiño. Unha das rúas máis importantes da cidade chámase "Św. Marcin" (San Martiño).

Entre as festas máis importantes destaca a Feira de San Xoán (Jarmark Swietojanski) na semana do 23 de xuño, na que se desgustan Bigos compostos de col agre, moi similar ao sauerkraut alemán e varios tipos de carnes frescas, embutidos e cogomelos.

Remove ads

Monumentos

Thumb
Catedral de Poznan.

Entre os sitios máis destacados para visitar en Poznan están:

  • Illa da Catedral de Poznan; A Catedral coa Capela Dourada.
  • Antiga Praza Maior (Stary Rynek).
  • A Casa do Concello do século XVI.
  • Igrexa Parroquial da Cidade.
  • O Castelo do Emperador (século XIX), construído polos Prusianos.
  • A Biblioteca dos Raczyński (século XIX) e arredores da Praza da Independencia (Plac Wolności).
  • Monumento ao Xuño de Poznan.
  • Feira Internacional de Poznan (a máis importante de Polonia)
  • O lago Malta.
  • O Parque Wilson e invernadoiro.
  • Xardíns zoolóxicos (co Zoo Antigo e Novo)
Remove ads

Universidades

A cidade de Poznan é un importante núcleo académico en Polonia. Hai até oito universidades públicas e dezaoito privadas. Algunhas das universidades de Poznan continúan coa longa tradición de ensino, tales como a Academia Lubranski, o Colexio Xesuíta ou a Universidade de Poznan.

Universidades públicas:

  • Universidade Adam Mickiewicz
  • Universidade de Medicina "Karol Marcinkowski"
  • Universidade de Ciencias Naturais
  • Universidade de Ciencias Económicas
  • Academia de Educación Física "Eugeniusz Piasecki"
  • Academia de Belas Artes
  • Academia de Música
  • Universidade Politécnica

Institutos públicos científicos e investigación:

  • Instituto Occidental "Zygmunt Wojciechowski"
  • Biblioteca Kórnicka
  • Instituto de Física Molecular
  • Instituto de Qímica Biorgánica
  • Instituto de Xenética Humana
  • Instituto de Xenética Vexetal
  • Centro de Investigación Cósmica, "Observatorio Astroxeodinámico en Borowcz preto de Poznan"
Remove ads

Deporte

Thumb
Estadio Municipal durante un partido.

O equipo do fútbol máis importante de Poznan é o Lech Poznań, que xoga na primeira división polaca. Poznan foi unha das cidades da Eurocopa 2012. Os partidos xogáronse no Estadio Municipal de Poznań.

Outros eventos internacionais:

  • 2009: XXXIV Campionato Mundial de Remo, no Lago Malta
  • 2010: XXXVIII Campionato Mundial de Piragüismo, no Lago Malta
  • 2011: Campionato Mundial de hóckey sobre herba en pista cuberta.
Remove ads

Cidades irmandadas

A cidade está irmandada con:[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads