Primeira división española 2004/05

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A tempada da primeira división española 2004/05 de fútbol comezou o 28 de agosto de 2004 e concluíu o 29 de maio de 2005. O campión foi o FC Barcelona, que conseguiu matematicamente o título a falta de dúas xornadas por disputar, rompendo así unha seca de seis tempadas sen gañar o título, e establecendo ademais a marca de puntuación na liga de 20 equipos, con 84 puntos. As revelacións da tempada foron o Villarreal CF e o Real Betis, que conseguiron a súa primeira clasificación para a Liga de Campións da UEFA. O Levante UD, o CD Numancia e o Albacete Balompié descenderon á segunda división española.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Remove ads

Participantes e estadios

Tomaron parte na competición vinte equipos, incluíndo un debutante na categoría, o Getafe Club de Fútbol.

Remove ads

Clasificación

Máis información Pos, Equipo ...

Lenda

PX = Partidos xogados; G = Partidos gañados; E = Partidos empatados; P = Partidos perdidos; GF = Goles a favor; GC = Goles en contra; DG = Diferenza de goles; Pts = Puntos

Clasifica directo á Liga de Campións da UEFA
Rolda Previa da Liga de Campións da UEFA
Copa da UEFA
Copa Intertoto
Descende á Segunda División
Remove ads

Resultados

Máis información Alb, Ath ...

Trofeo Pichichi

O uruguaio Diego Forlán, debutante na liga española, converteuse no primeiro futbolista do Villarreal CF en gañar o Trofeo Pichichi ao máximo goleador do torneo, ademais de obter a Bota de Ouro como mellor anotador das ligas europeas polas súas 25 dianas. O dianteiro do Villarreal, contra prognóstico, logrou superar nun gol a Samuel Eto'o, grazas a un refacho final no que conseguiu cinco goles nas dúas últimas xornadas, nas que o camerunés non logrou anotar.[1]

A pesar de todo, o trofeo estivo marcado pola controversia, xa que na 24ª xornada o xornal Marca concedeu a Deco un gol que, segundo a acta arbitral do partido, foi anotado por Eto'o.[2]

Thumb
Diego Forlán foi Pichichi e Bota de Ouro europea.
Máis información #, Xogador ...
Remove ads

Trofeo Zamora

Víctor Valdés, guardamenta do campión de liga, o FC Barcelona, gañou por primeira vez na súa carreira o Trofeo Zamora como porteiro menos goleado do torneo. Para optar ao premio foi necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.

Thumb
Víctor Valdés defendeu a portería do campión.
Máis información #, Xogador ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads