Rayo Vallecano de Madrid

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Rayo Vallecano de Madrid é un club de fútbol español do barrio de Vallecas, na cidade de Madrid. Foi fundado en 1924 e actualmente compite na Primeira División. Xoga de local no Campo de Fútbol de Vallecas, con capacidade para 14.708 espectadores.

Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...

O equipo xogou 22 tempadas en Primeira División, 38 en Segunda, 5 en Segunda B e 11 en Terceira. Na tempada 2000–01 xogou a Copa da UEFA como equipo con menos tarxetas de Europa, sendo a única participación europea do equipo ata o momento.

Remove ads

Historia

O 29 de maio de 1924 fundouse a Agrupación Deportiva El Rayo.

Desde 1931 ata 1936 participou no campionato da Federación Obreira de Fútbol. Encadrouse dentro da Federación Castelá de Fútbol ao terminar a Guerra Civil en 1939.

Nunha xunta realizada o 13 de novembro de 1947 acordouse renomear ao club como Agrupación Deportiva Rayo Vallecano. Ademais acordouse utilizar o escudo do concello de Vallecas.

A partir de 1949, por un acordo co Atlético de Madrid, engadiu á súa uniformidade a actual e soada raia vermella cruzada na súa camiseta, a semellanza da do equipo arxentino River Plate con quen ten unha amigable relación.

O equipo estivo ao bordo da desaparición en 1984.

En 1992, ao converterse en sociedade anónima deportiva, o empresario xerezano José María Ruiz-Mateos comprou a maior parte das accións e converteuse en presidente do Club. En 1994 sucedeulle a súa esposa, Teresa Rivero. O estadio levou o seu nome entre 1994 e 2011.

Na actualidade conta cun grupo ultra de ideoloxía antifascista chamado Bukaneros; fundado en 1992.

Ademais do equipo de fútbol, o Rayo Vallecano mantén unha Fundación de carácter social, centrada na educación, e no deporte como medio de educación física e moral.

Aínda que o Rayo Vallecano non gañou ningún título, a tempada 2000–01 viuse honrado cunha boa participación na copa da UEFA grazas á clasificación UEFA Fair Play (Xogo Limpo, menor número de cartóns sancionados na tempada 1999–00). Alcanzou os cuartos de final da competición tras derrotar ao Constel·lació Esportiva (0-10, 6-0), Molde FK (0-1, 1-1), Viborg FF (1-0, 2-1), FK Lokomotiv Moskva (0-0, 2-0) e Girondins de Bordeaux (4-1, 1-2). Foi eliminado polo Deportivo Alavés (3-0, 2-1), equipo que finalmente sería subcampión do trofeo ese ano.

Ademais tamén lle honra o ser líder da Primeira División durante varias xornadas seguidas (4).

A tempada 2007–08, tras proclamarse campión do grupo I de Segunda División B e superar a promoción de ascenso, tras derrotar ao Benidorm (1-1 e 1-0) e ao Zamora (0-1 e 1-1), logrou regresar a Segunda.

Na tempada 2008–09, recentemente ascendido de 2ªB, o equipo vallecano acaba a Liga en quinta posición con 70 puntos, e co trofeo Zamora en mans do seu porteiro titular, David Cobeño, como porteiro menos goleado do torneo. Cobeño tamén foi protagonista nun partido de Liga fronte ao Elche CF, no que o porteiro rayista marcou un gol desde a súa propia portería.

Na tempada 2010–11, o club consegue matematicamente o ascenso a Primeira División, acabando en segunda posición. Na tempada 2011–12 consegue salvar a categoría na última xornada.

Remove ads

Datos do club

Thumb
Entrada ao estadio Teresa Rivero, onde se pode ver o escudo do Rayo Vallecano.
Remove ads

Xogadores

Categoría principal: Xogadores do Rayo Vallecano.

Cadro actual

  • Actualizado a 5 de setembro de 2021.
Máis información Nº, Posto ...

Palmarés

Torneos nacionais

Fútbol feminino

Torneos nacionais
  • Superliga Feminina (1): 2008–09
  • Copa da Raíña (1): 2007–08
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads