Primeiro ministro do Reino Unido

From Wikipedia, the free encyclopedia

Primeiro ministro do Reino Unido
Remove ads

O Primeiro Ministro do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Prime Minister of the United Kingdom, en inglés; Prif Weinidogion e Deyrnas Unedig, en galés; Prìomhairean na Breatainne, en gaélico escocés) é o xefe de Goberno do Reino Unido. Encabeza o Goberno da súa Maxestade e do mesmo xeito que outros primeiros ministros da Commonwealth (que seguen a forma constitucional que se chama o sistema Westminster) exercita, xunto cos membros do seu gabinete, o poder executivo do Goberno Británico. O Primeiro Ministro exercita os poderes que pertencen teoricamente a A súa Maxestade a Raíña. O primeiro ministro do Reino Unido é Boris Johnson.

Thumb
Tony Blair e Dick Cheney no 10 Downing Street, residencia oficial do Primeiro Ministro do Reino Unido.

O Primeiro Ministro adoita ser o líder do partido político maior na Cámara dos Comúns. Nas eleccións de 2010 o partido máis votado foi o Partido Conservador, este non obtivo a maioría absoluta e gobernou nunha coalición co Partido Liberal Demócrata.

Remove ads

Historia

O posto que o Primeiro Ministro desenvolvía durante o século XVIII non era un título oficial durante eses anos; estaba asociado co posto oficial de First Lord of the Treasury («Primeiro Lord do Tesouro»). A descrición de "primeiro ministro" empregouse a primeira vez que Robert Walpole foi nomeado "Primeiro Lord do Tesouro" polo Rei Xurxo I en 1721. Ao principio, considerábase o título como un insulto, empregado polos seus inimigos para suxerir que Walpole tiña demasiado poder.[1]

O título de "Primeiro Ministro" mencionouse a primeira vez nun documento oficial no Tratado de Berlín de 1878, do Primeiro Ministro Benjamin Disraeli. O título foi recoñecido oficialmente en 1905. A primeira persoa que foi chamada oficialmente como Primeiro Ministro foi Sir Henry Campbell-Bannerman. A primeira referencia do título nunha lei do Parlamento Británico foi en 1917.

Remove ads

Nomeamento

É o monarca o que oficialmente nomea ao Primeiro Ministro, pero está obrigado tradicionalmente a elixir á persoa que obteña o apoio maioritario da Cámara dos Comúns (normalmente o líder do partido cunha maioría de escanos nesa cámara). Se o Primeiro Ministro perde o apoio (pola aprobación dunha moción de censura, por exemplo) a convención obrígalle a dimitir.

O primeiro ministro nomea aos membros do Gabinete e aos outros ministros do goberno.

Remove ads

Poderes e privilexios

Non hai moitos poderes legais que pertenzan ao Primeiro Ministro; os seus poderes veñen dos poderes tradicionais do soberano e do control dunha maioría da Cámara dos Comúns. O Primeiro Ministro recomenda ao monarca o nomeamento de moitos oficiais do Estado Británico, incluíndo ministros do Goberno, embaixadores, os xefes das Forzas Armadas, e oficiais da administración pública; convencionalmente, o Rei (ou Raíña) adoita seguir sempre as recomendacións do Primeiro Ministro. Tamén, o Primeiro Ministro organiza o programa lexislativo do Parlamento e o traballo do Gabinete.

Tradicionalmente o Primeiro Ministro vive no 10 Downing Street, unha residencia en Londres que pertencía aos Primeiros Lores do Tesouro. O salario actual do Primeiro Ministro, que tamén pertence ao seu papel de First Lord of the Treasury, é de £127.334 por ano; tamén recibe £60,227 por ano por ser membro do Parlamento[2].

Ocupantes do posto dende 1721

Thumb
Sir Robert Walpole, primeiro Primeiro Ministro do Reino Unido

Primeiros Ministros durante o reinado da Raíña Vitoria (1837–1901)

Máis información Imaxe, Nome ...

Primeiros Ministros durante o reinado de Eduardo VII (1901–1910)

Máis información Imaxe, Nome ...

Primeiros Ministros durante os reinados de Xurxo V (1910–1936) e Eduardo VIII (1936)

Máis información Imaxe, Nome ...

Primeiros Ministros durante o reinado de Xurxo VI (1936–1952)

Máis información Imaxe, Nome ...

Primeiros Ministros durante o reinado de Isabel II (1952–presente)

Máis información Imaxe, Nome ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads