Isabel II do Reino Unido

raiña do Reino Unido From Wikipedia, the free encyclopedia

Isabel II do Reino Unido
Remove ads

Isabel II[1] ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, e finada o 8 de setembro de 2022 en Balmoral, Escocia,[2] foi unha monarca inglesa. Foi raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Belize, Canadá, Granada, Nova Zelandia, Papúa-Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón, Tuvalu e Xamaica.

Thumb
Busto de Isabel II no anverso dun soberano
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Tamén foi a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Remove ads

Primeiros anos

Isabel foi a primeira filla do príncipe Alberte, duque de York (máis tarde rei Xurxo VI) e a súa esposa Isabel, duquesa de York (máis tarde raíña Isabel). O seu pai era o segundo fillo do rei Xurxo V e da raíña María, e súa nai era a filla máis nova do aristócrata escocés Claude Bowes-Lyon, XIV conde de Strathmore e Kinghorne. Isabel naceu por cesárea ás 2:40 GMT o 21 de abril de 1926 na casa londiniense do seu avó materno no número 17 de Bruton Street, Mayfair.[3] Logo, residiu brevemente nunha vivenda adquirida polos seus pais pouco despois do seu nacemento no número 145 de Piccadilly en Londres e na residencia White Lodge en Parque Richmond.[4] O 29 de maio de 1926, o arcebispo de York, Cosmo Lang, bautizouna baixo a relixión anglicana na capela privada do Palacio de Buckingham (destruída durante os bombardeos de Londres na segunda guerra mundial).[5][a] Foi nomeada «Isabel» en honra a súa nai, «Alexandra» pola nai de Xurxo V (súa bisavoa paterna), que falecera seis meses antes e «Mary» pola súa avoa paterna.[6] Na intimidade, era chamada «Lilibet».[7] Xurxo V apreciou moito á súa neta e durante a súa grave enfermidade en 1929, as súas visitas periódicas eleváronlle o ánimo e favorecéronlle na súa recuperación, segundo acreditaron a prensa pública e os seus biógrafos posteriores.[8]

A única irmá de Isabel foi a princesa Margarita, nacida en 1930. Ambas foron educadas na súa casa a supervisión de súa nai e Marion Crawford, a súa institutriz chamada informalmente «Crawfie».[9] As clases concentrábanse principalmente en historia, lenguaxe, literatura e música.[10] Para consternación da familia real,[11] Crawford máis tarde publicou un libro biográfico sobre os primeiros anos de Isabel e Margarita titulado The Little Princesses. O libro describe o amor de Isabel polos cabalos e os cans, a súa disciplina e a súa actitude de responsabilidade.[12] Outros fixeron eco de tales observacións: Winston Churchill describiu a Isabel cando tiña dous anos como «un personaxe. Ten un aire de autoridade e reflexión sorprendentes para un neno».[13] Súa prima Margaret Rhodes describiúna como «unha nena alegre pero, fundamentalmente, sensible e de bo comportamento».[14]

Remove ads

Familia

Xunto ao seu esposo, o duque de Edimburgo, a raíña tivo catro fillos. Ademais, o matrimonio ten oito netos e oito bisnetos.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads