Prochloron
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Prochloron (do grego pro, antes, e chloros, verde) é unha cianobacteria oxixénica fotosintética que se encontra comunmente vivindo como simbionte extracelular en arrecifes de coral, especialmente sobre ascidiáceos didémnidos. A teoría endosimbiótica considera que Prochloron é un predecesor dos cloroplastos, orgánulos fotosintéticos das células eucariotas fotosintéticas. Porén, esta hipótese está en forte contradición cos estudos filoxenético que indican que Prochloron non está na mesma liña de descendencia que orixinou as algas que conteñen cloroplastos e as plantas terrestres.[2]
Prochloron descubriuna en 1975 Ralph A. Lewin da Scripps Institution of Oceanography. Prochloron é unha das tres proclorofitas coñecidas, que son cianobacterias que conteñen tanto clorofila a coma b unida a unha proteína especial captadora de luz.[2]
Remove ads
Especies
A única especie taxonomicamente válida é P. didemni.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads