Project Management Body of Knowledge

From Wikipedia, the free encyclopedia

Project Management Body of Knowledge
Remove ads

O Project Management Body of Knowledge, tamén coñecido como PMBOK®[1] é un conxunto de prácticas en xestión de proxectos definidas polo Project Management Institute (PMI) e constitúen a base da metodoloxía de xestión de proxectos do PMI. Estas prácticas compílanse na forma dunha guía, chamada Guía do Conxunto de Coñecementos de Xestión de Proxectos, ou Guía PMBOK.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Thumb
Relación entre as partes interesadas segundo a Guía PMBOK. (en portugués)
Thumb
Colectar os requisitos segundo o PMBOK: móstranse as entradas, ferramentas e técnicas, e saídas deste proceso.
Thumb
Organigrama de coñecementos e procesos do PMBOK (en francés).
Remove ads

Guía PMBOK

A Guía PMBOK é unha guía que identifica o subconxunto do conxunto de coñecementos en xestión de proxectos, amplamente recoñecido como boa práctica na maioría dos proxectos e utilizado como base polo Project Management Institute (PMI). Unha boa práctica non significa que o coñecemento e as prácticas deban aplicarse uniformemente a todos os proxectos sen considerar se é apropiado.

A Guía PMBOK tamén fornece e promove un vocabulario común para discutir, escribir e aplicar a xestión de proxectos, posibilitando o intercambio eficiente de informacións entre os profesionais de xestión de proxectos.

Conxunto de coñecementos en xestión de proxectos

O coñecemento de xestión de proxectos descrito no Guía PMBOK consiste en:

  • Definición do ciclo de vida do proxecto
  • Cinco grupos de procesos de xestión de proxectos
    • Iniciación
    • Planificación
    • Execución
    • Control
    • Peche
  • Nove áreas de coñecemento que son respectivamente:
    • Xerencia de integración de proxectos
    • Xerencia de ámbito de proxectos
    • Xerencia de tempo de proxectos
    • Xerencia de custo de proxectos
    • Xerencia de cualidade de proxectos
    • Xerencia de recursos humanos de proxectos
    • Xerencia de comunicacións de proxectos
    • Xerencia de riscos de proxectos
    • Xerencia de adquisicións de proxectos
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads