Proteína cofactor de membrana
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A proteína cofactor de membrana (MCP polas súas siglas en inglés), tamén chamada proteína reguladora do complemento CD46 ou CD46 (cluster de diferenciación 46), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene CD46 do cromosoma 1.[1] É unha proteína inhibidora de receptores do complemento.[2]
Remove ads
Xene
O xene CD46 atópase nun cluster no cromosoma 1q32, onde se encontran tamén outros xenes que codifican compoñentes estruturais do sistema do complemento. Atopáronse polo menos catorce variantes de transcrición diferentes que codifican distintas isoformas deste xene.[3]
Función
A proteína codificada por este xene é unha proteína de membrana tipo I e é un compoñente regulador do sistema do complemento.
A proteína codificada ten unha actividade de cofactor para a inactivación (por medio de clivaxe) dos compoñentes do complemento C3b e C4b polo factor I sérico, que protexe a célula hóspede de danos polo complemento.[4]
Esta proteína pode estar implicada na fusión do espermatozoide co ovocito durante a fecundación.[5]
Remove ads
Importancia clínica
Sarampelo
A proteína codificada pode actuar como receptor da cepa Edmonston do virus do sarampelo,[6] do herpesvirus humano 6 (HHV-6), dos adenovirus do grupo B,[7] e dos pili de tipo IV de Neisseria patóxenas.[8]
A rexión extracelular de CD46 contén catro repeticións consenso curtas (SCR) duns 60 aminoácidos que se dobran formando un dominio compacto en barril beta rodeado de bucles flexibles.[9] Como se demostrou para o CD46 e outros ligandos, a estrutura da proteína CD46 crese que se lineariza despois de unirse ao HHV-6. Aínda que a súa interacción precisa non foi polo momento determinada, os dominios SCR segundo e terceiro son necesarios para a unión do HHV-6 ao receptor e a súa entrada na célula. O complexo heterotetrámero gH/gL/gQ1/gQ2 do HHV-6 foi identificado como un ligando do CD46.[10]
Meduloblastoma
Espécimes de meduloblastoma establecido (un tumor cerebral maligno común en nenos) expresan CD46, e ditos espécimes de meduloblastoma extirpados de pacientes teñen altos niveis de expresión de CD46. Xa que logo, unha vacina feita para a cepa Edmonston dovirus do sarampelo podería servir para tratar o meduloblastoma. Esa vacina xa foi probada en varios ensaios con outros tipos de tumores que tiñan unha alta expresión de CD46, incluíndo un tipo de tumor cerebral adulto.[11]
Cancro de próstata
Recentemente, o CD46 converteuse nunha diana prometedora para o tratamento de adenocarcinomas e tipos neuroendócrinos de cancro de próstata resistente á castración metastático.[12][13] Identificouse que YS5, unha IgG1 humana de lonxitude completa con especificidade para o CD46, ten unha alta afinidade de unión co tecido de cancro prostático.[12] YS5 foi desenvolvida dando lugar ao conxugado anticorpo-fármaco FOR46, que está actualmente en ensaios clínicos en fase I (NCT03575819) para o tratamento de cancro de próstata resistente á castración metastático. Desde entón, desenvolveuse un axente para obter imaxes molecular acompañante para a terapia dirixida a CD46.[14]
Doenzas inflamatorias
A deficiencia de CD46 contribúe a trastornos inflamatorios.[15]
Remove ads
Interaccións
CD46 interacciona con CD9,[16] CD151[16] e CD29.[16]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads