CD9
antíxeno proteico da superficie celular From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O CD9 (cluster de diferenciación 9) é un antíxeno proteico da superficie celular, que nos humanos está codificado no xene CD9 situado no cromosoma 12.[1] Exprésase especificamente en células pre-B, monocitos, eosinófilos, basófilos, plaquetas, células T activadas, nervios, músculo liso vascular e ovocitos.[2]
CD9 | |
| Identificadores | |
| Símbolo | CD9 |
| Símbolos alt. | 5H9; BA2; BTCC-1; DRAP-27; GIG2; MIC3; MRP-1; P24; TSPAN29 |
| Entrez | 928 |
| HUGO | 1709 |
| OMIM | |
| RefSeq | NM_001769 |
| UniProt | P21926 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 12 p13 |
A proteína codificada por este xene forma parte da superfamilia transmembrana 4, tamén chamada familia da tetraspanina. A maioría dos membros desta familia son proteínas da superficie celular que se caracterizan pola presenza de catro dominios hidrofóbicos. Estas proteínas median eventos de transdución de sinais que xogan un papel na regulación do desenvolvemento da célula, activación, crecemento e motilidade.
O CD9 é unha glicoproteína de 24 kDa da superficie celular que forma complexos con integrinas e outras proteínas da superfamilia transmembrana 4. Atópase na superficie das vesículas chamadas exosomas. Pode modular a adhesión e migración celular e tamén desencadea a activación e agregación plaquetaria. Ademais, a proteína parece promover a fusión da célula muscular e apoia o mantemento dos miotubos.[3] Esta proteína tamén parece ser fundamental para a fusión do óvulo e o espermatozoide durante a fertilización, xa que os gametos dos ratos knockout CD9 non se poden fusionar.[4] O CD9 está localizado na membrana de microvilli dos ovocitos e tamén parece intervir en manter a forma normal dos microvilli do ovocito.[5]
Remove ads
Interaccións
O CD9 interacciona con TSPAN4,[6] PTGFRN,[7][8] CD81,[9][10] CD117,[11] CD46,[12] CD29[9][13] e CD49c.[14][15]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads