Provincias dos Países Baixos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincias dos Países Baixos
Remove ads

Unha Provincia Neerlandesa representa a capa administrativa entre o goberno estatal e os concellos, con responsabilidades en asuntos de importancia rexional ou subnacional. O goberno de cada provincia conta de tres partes principais: o Provinciale Staten que é o parlamento provincial elixido cada catro anos, os membros electos desta institución máis tarde elixen o Gedeputeerde Staten, que é o consello coa maioría das tarefas excutivas, presidido polo Commissarios van de Koningin (Comisario do Reino), nomeado pola Coroa.

Thumb
Provincias dos Países Baixos e principais cidades.
Remove ads

División

Hoxe en día os Países Baixos están divididos en doce provincias (provincies en neerlandés).

As doce provincias están listadas a continuación:

Máis información Band., Provincia ...
Remove ads

Historia

Case tódalas provincias neerlandesas teñen a súa orixe no estado medieval, ben coma condado ou ben coma un ducado, ao igual que en Bélxica. A súa situación trocou o seu status e chegaron estar baixo unha soa administración central, relegando os estados a provincias, dezasete en total. A partir destes Países Baixos unificados, no século XVII sete provincias do norte formaron a República das Sete Provincias Unidas, é dicir Holanda, Zelandia, Gueldria, Utrecht, Frisia, Overijssel e Groninga. As terras da república tamén incluían a Drenthe (unha das dezasete, mais sen o mesmo status autónomo que as outras), e partes do Brabante, Limburgo e Flandres, que eran considerados coma "terras conquistadas" e eran gobernadas directamente polo Staten-Generaal, o parlamento, polo que eran chamadas Terras da Xeneralidade, e foron chamados Staats-Brabant, Staats-Limburg e Staats-Vlaanderen, que significa "do Estado". Cada un destes "Países Baixos" tiña un certo grao de autonomía e cooperaban entre si sobre todo en defensa e no plano internacional en xeral, mais mantendo os seus propios asuntos noutros lugares.

O 1 de xaneiro de 1796, durante a República Bátava, Drenthe e Staats-Brabant convertéronse na oitava e novena provincias dos Países Baixos, está última coñecida como Bataafs Bravant, Brabante Bátavo, trocando o seu nome a Brabante do Norte en 1815 cando pasaron a formar parte do Reino Unido dos Países Baixos, que tamén contiña o entón Brabante do Sur, unha provincia belga. En 1839, coa independencia de Bélxica, a provincia orixinal Limburgo foi divida en dúas terras entre os dous países, así que hoxe en día cada un ten unha provincia chamada Limburgo. Un ano despois, Holanda, a máis grande e poboada provincia neerlandesa dividiuse en dúas, para chegar a un total de once. O doceavo membro foi Flevoland, unha provincia que é practicamente todo terra recuperada ao mar, estabelecida o 1 de xaneiro de 1986.

Remove ads

Os Departamentos do Período Francés

Durante a República Bátava os Países Baixos foron completamente reorganizados en oito novos departamentos entre 1798 e 1801, a maioría nomeados co nome de ríos, inspirados polo exemplo de Francia, nunha tentativa de acabar co antigo status autónomo provincial.

Máis información Nome galego, Nome neerlandés ...

Despois de só tres anos, a raíz dun golpe de Estado, as fronteiras das antigas provincias foron restauradas, aínda que non os seus status de autonomía. Foron tamén chamadas "departamentos" e engadiuse e Drenthe foi engadido en Overijssel. En 1806 o Reino dos Países Baixos substituíu a república para promover os intereses franceses. Foi durante esta administración que Holanda se divide en dous, co departamento de Amstelland ao norte e o de Maasland ao sur. Frisia Oriental, entón como agora en Alemaña, foi engadida ao reino coma departamento en 1807 e Drenthe separouse de novo, facendo en total once departamentos.

Thumb
Mapa das subdivisións dos Países Baixos durante a Administración Francesa. Nótese que Frisia Oriental non está incluída neste mapa.

Cando finalmente os Países Baixos se fixeron plenamente parte de Francia en 1810, os departamentos do reino e ás súas fronteiras mantivéronse en grande medida, con algunhas unidas. Porén, foron case todas nomeadas de novo, principalmente polos ríos de novo, pero con nomes diferentes á época bátava.

Máis información Nome galego, Nome francés ...

Coa derrota e retirada dos franceses en 1813, as antigas provincias e os seus nomes volvéronse a estabelecer, Holanda xuntouse de novo e a Frisia Oriental separouse. As dezasete provincias do Reino Unido dos Países Baixos foron en parte baseados nos antigos departamentos franceses e as súas fronteiras, en particular do que máis tarde se convertería en Bélxica.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads