Proxecto GNU
Software libre, proxecto de colaboración masiva From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O proxecto GNU é un proxecto informático que ten por finalidade a de desenvolver un sistema operativo completo baseado en UNIX utilizando unicamente software libre. Dito sistema operativo é GNU, e é o que lle dá nome ao proxecto.
Remove ads
Remove ads
Orixe
O 27 de setembro de 1983 Richard Stallman anunciou publicamente o nacemento do proxecto no grupo de noticias net.unix-wizards
. Ao anuncio orixinal seguírono outros ensaios escritos por Stallman, coma o Manifesto GNU, que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca «retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras».
Remove ads
Traxectoria
Para defender legalmente o software do seu sistema operativo, Stallman escribiu para o proxecto GNU unha licenza que asegurase que se recoñecerían non só os dereitos que debe fornecer ao usuario o software libre, senón tamén certas obrigas para asegurar que quen desenvolvese (cambiando ou mellorando) software libre baixo esta licenza tamén utilizase a mesma licenza para o resultado do seu traballo. Dita licenza chamouse GPL.
A continuación, Stallman comezou o desenvolvemento dun compilador de C, GNU C Compiler. Este compilador foi fundamental no desenvolvemento do software libre, posto que unha porcentaxe moi alta deste software está escrito en C.
O proxecto tamén comezou a desenvolver un kernel para o sistema GNU, GNU Hurd, pero na actualidade este kernel aínda non é funcional.
O proxecto seguiu e segue desenvolvendo aplicacións libres para o sistema operativo GNU.
Remove ads
Aplicacións desenvolvidas polo proxecto
- GNU C Compiler
- GNU Hurd
- Latex
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Sitio oficial de GNU (en inglés).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads