Redstone MRLV

foguete suborbital norteamericano dos anos 1960 From Wikipedia, the free encyclopedia

Redstone MRLV
Remove ads

Redstone MRLV (onde MRLV é o acrónimo de Mercury-Redstone Launch Vehicle) foi o nome dun foguete suborbital derivado do mísil Redstone na súa variante Jupiter C.[1][2]

Datos rápidos Mercury MRLV / Redstone Mercury, Función ...
Remove ads

Características

O MRLV consistía nun mísil Redstone modificado para poder ser tripulado e levar no seu extremo unha cápsula Mercury. Entre os cambios feitos á versión do Redstone na que se basou (Jupiter C) estaban cambios na estrutura ao non ter que usar unha segunda etapa. Ademais volveue a usar alcohol como propelente orixinal xunto con osíxeno líquido en lugar de hidracina, como no Jupiter C, pola súa toxicidade. Engadiuse un tanque de nitróxeno adicional para presurizar o tanque de propelente ampliado, necesario polo menor impulso específico que proporciona o alcohol e polo tanto a necesidade de máis cantidade para obter o mesmo resultado. Engadiuse tamén un tanque adicional de peróxido de hidróxeno para alimentar a turbobomba do motor foguete. O sistema de guiado inercial simplificouse para mellorar a fiabilidade do foguete e constriuse un anel adaptador para facer de interface entre o foguete e a cápsula Mercury. Ademais usaba o modelo de motor máis recente para os foguetes Redstone, o A-7.[1][2]

O foguete levou ao espazo en sendos voos suborbitais aos dous primeiros astronautas estadounidenses, Alan Shepard e Virgil I. Grissom, nas misións Mercury-Redstone 3 e Mercury-Redstone 4 respectivamente.[1][2]

Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Voo, Data ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads