Proxima Centauri b

planeta extrasolar From Wikipedia, the free encyclopedia

Proxima Centauri b
Remove ads

Proxima Centauri b (tamén coñecido como Proxima b[1][2]) é un planeta extrasolar que orbita na zona de habitabilidade da estrela anana vermella Proxima Centauri, a estrela máis achegada ó Sol.[3][4] Atópase a 4,2 anos luz (1,3 parsecs ou 40 trillóns de quilómetros) da Terra, na constelación de Centaurus, converténdoo no planeta extrasolar coñecido máis achegado ó Sistema Solar. É candidato de habitabilidade planetaria, malia que non é o mellor candidato comparándoo con outros planetas de tamaños semellantes,[5] pero é preciso ter máis información sobre as características físicas do planeta para unha avaliación axeitada.[5][6][7]

Thumb
Recreación artística da superficie de Proxima Centauri b, orbitando a anana vermella Proxima Centauri, a estrela máis achegada ó Sistema Solar.

En agosto de 2016, o Observatorio austral europeo anunciou o descubrimento do planeta.[3][8][9][10][11] O planeta foi atopado empregnado a método da velocidade radial, onde os cambios periódicos das liñas espectrais da estrela suxiren un obxecto orbitante. Segundo esta tese, a velocidade radial da estrela nai en relación coa Terra varía a súa amplitude a 2 metros por segundo.[8] Orbita a estrela a unha distancia de aproximadamente 0,05 AU (7,5 millóns de km) cun período orbital de aproximadamente 11,2 días terrestres. A masa estimada do planeta é polo menos 1,3 veces a da Terra. A temperatura de equilibrio de Proxima b estímase que se atopa dentro do rango onde a auga podería existir como líquido na súa superficie, situándoa dentro da zona habitable de Proxima Centauri, aínda que debido a que Proxima Centauri é unha anana vermella e unha estrela flamante, non se prevé que poida soportar a vida.[8]

O investigador Guillem Anglada Escudé, que liderou o proxecto do descubrimento, cre que a súa proximidade coa Terra ofrece unha oportunidade para a exploración robótica do planeta co proxecto Starshot[3][4] ou, cando menos, "nos vindeiros séculos".[4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads