Azulenta común

From Wikipedia, the free encyclopedia

Azulenta común
Remove ads

A azulenta común (Prunella modularis) é unha especie de ave paseriforme da familia Prunellidae[2] amplamente distribuída por toda Europa. O seu aspecto apagado e pouco rechamante faino difícil de distinguir dun paporrubio xuvenil, dunha pica dos prados ou dun carrizo. Non obstante, o seu estraño hábito de apareamento, con tríos dun macho con dúas femias, ou dunha femia con dous machos, faino moi particular.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Prunella modularis
Thumb
Cuculus canorus canorus + Prunella modularis

O seu canto é un chirlo rápido, plano, agudo, monocorde.

O seu niño é unha cunca herbácea, revestida de musgo ou pelo, con 4-5 ovos postos en 2-3 niñadas de abril a xuño.

Vive entre arbustos, entre a maleza, comendo pequenos insectos e sementes.

Cría en toda Europa menos en Islandia; especialmente en uceiras e marismas con matogueira densa, en zonas costeiras, bosques densos, cultivos e xardíns.

Remove ads

Subespecies

¿Onde vai a triste azulenta
que pousaba no penedo,
que falaba cos picariños...?
¿Por qué se iría tan cedo?

C. Pedreira[3]

Recoñécense as seguintes subespecies:[2]

  • Prunella modularis hebridium
  • Prunella modularis occidentalis
  • Prunella modularis modularis
  • Prunella modularis mabbotti
  • Prunella modularis meinertzhageni
  • Prunella modularis fuscata
  • Prunella modularis euxina
  • Prunella modularis obscura

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads