Quelea
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Quelea é un xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, encadrado na familia dos ploceidos.

O xénero comprende tres especies propias da África subsahariana.[1]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1850 polo naturalista alemán Ludwig Reichenbach.[2]
Etimoloxía
O nome científico Quelea probabelmente sexa un nome tribal africano.[3]
Especies
O xénero comprende as seguintes tres especies, coas subespecies que se indican:[1][2]
Quelea Reichenbach, 1850
- Quelea cardinalis (Hartlaub, 1880)
- Quelea cardinalis cardinalis (Hartlaub, 1880)
- Quelea cardinalis rhodesiae Grant & Mackworth-Praed, 1944
- Quelea erythrops (Hartlaub, 1848)
- Quelea quelea (Linnaeus, 1758)
- Quelea quelea aethiopica (Sundevall, 1850)
- Quelea quelea lathamii (A. Smith, 1836)
- Quelea quelea quelea (Linnaeus, 1758)
Remove ads
Características

Son aves gregarias de pequeno tamaño, como o dos gorrións, con peteiros adaptados para comeren sementes, que apañan cos seus robustos picos cónicos, e complementan a súa dieta con insectos, especialmente na época de cría. A súa preferencia polos grans fai que se consideren unha praga para a agricultura.[4]
A construción dos niños, como en todas especies de ploceidos, está a cargo dos machos, e o utilizan como unha forma de exhibición para seduciren ás femias. Os materiais usados para a súa construción son fibras finas de herba entretecida. Son grandes, e os penduran no extremo dunha póla.[4]
Como todas es especies de ploceidos son paxaros gregarios que a miúdo crían en colonias, de forma que moitos niños colgan da mesma árbore. Constrúen os seus niños xuntos, moitas veces varios nunha rama. As colonias poden encontrarse cerca de corpos de auga.[4]
A especie Quelea quelea ten a fama de ser a ave máis numerosa do mundo.[5][6][7]
Remove ads
Filoxenia
Segundo unha análise recente de ADN, Quelea quelea é irmán dun clado que agrupa ás outras dúas especies do xénero Quelea, Q. cardinalis e Q. erythrops. E o xénero pertence ao grupo dos chamados verdadeiros tecedores (subfamilia dos ploceinos), e está máis relacionado con Foudia, un xénero que comprende sete especies que se encontran nas illas do océano Índico occidental. Este clado é irmán das especies asiáticas do xénero Ploceus.
A seguinte árbore filoxenética representa unha visión actual das relacións entre as especies de Quelea e os seus parentes máis achegados.[8]
| |||||||||||||||||||||||||
Galería
- Macho de Q. q. lathamii coa plumaxe nupcial
- Macho de Q. q. lathamii fóra da época de celo
- Macho de Quelea erythrops comezando a contruír o seu niño en Suráfrica
- Quelea cardinalis
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads