Racing Club Vilalbés

club de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Racing Club Vilalbés
Remove ads

O Racing Club Vilalbés é un club de fútbol galego da cidade de Vilalba, na provincia de Lugo. Foi fundado en 1931 e na actualidade milita na Terceira Federación.

Datos rápidos Nome, Fundación ...
Thumb
Racing Club Vilalbés en 1972.
Remove ads

Historia

O Racing Club Vilalbés foi fundado en Vilalba en 1931, grazas a un grupo de amigos dos que xurdira a idea xa en 1929. Na vila existía outro club de fútbol, o Sporting Vilalbés, fundado en 1925.[1] En xaneiro de 1931 constituíuse o Racing Club Vilalbés, tendo como primeiro presidente a César Fernández Paz,[2] sendo sucedido o 29 de novembro dese mesmo ano por Francisco Roca.[3]

En 1940, trala chegada do franquismo e a prohibición das denominacións estranxeiras nos clubs, o Racing Vilalbés cambiou o seu nome oficial polo de Club Villalbés, denominación que tivo ata 1965. O 31 de agosto de 1948 inaugurouse o Campo do Castelo, cun partido entre o Deportivo da Coruña e o Racing de Ferrol. En 1958 o campo pasou a chamarse Estadio Roca, en homenaxe ao presidente do club, Francisco Roca.

Na tempada 1991/92 produciuse o primeiro ascenso do Racing a Terceira División, categoría que perdeu tres tempadas máis tarde. Na tempada 1998/99 volveu ascender e xogou en Terceira durante catro anos. O equipo volveu á categoría na tempada 2008/09, acadando o cuarto posto na tempada 2010/11, quedando clasificado para a fase de ascenso a Segunda División B. No playoff quedou eliminado na primeira fase polo Alhaurín de la Torre CF.

Na tempada 2022/23, despois de 14 tempadas consecutivas na categoría, o club conseguiu un histórico ascenso á Segunda División RFEF.[4] Con Simón Lamas no banco, o equipo acabou cuarto no Grupo I da Terceira División RFEF, accedendo así á fase galega da promoción de ascenso. Eliminou primeiro ao Rápido de Bouzas e a continuación ao Arousa, clasificándose para a fase nacional.[5] Nesta, o seu rival foi o La Calzada rioxano, co que empatou a un gol no encontro de ida na Magdalena. No partido de volta en Santo Domingo de la Calzada, o Racing Vilalbés conseguiu unha ampla vitoria, gañando por 3-0 con goles de Marcos, Álex Pérez e Santi, e certificou así o ascenso á cuarta categoría do fútbol español.[6]

Remove ads

Estadio

O Racing Club Villalbés xoga no Estadio Municipal da Magdalena, en Vilalba. Ten unha capacidade de 2.500 espectadores.

Datos do club

Historial na liga

Máis información Tempada, Categoría ...
Remove ads

Xogadores

Cadro

Datos da tempada 22-23
Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads