Udo Kier
actor alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Udo Kierspe, nado en Colonia o 14 de outubro de 1944 é un actor alemán coñecido como Udo Kier. Kier apareceu en máis de 200 filmes en papeis protagonistas e secundarios en Europa e América do Norte. Colaborou con cineastas aclamados como Lars von Trier, Gus van Sant, Werner Herzog, Walerian Borowczyk, Kleber Mendonça Filho, Dario Argento, Charles Matton ou Paul Morrissey.[1][2]
Remove ads
Traxectoria

Kier naceu en Colonia, a finais da segunda guerra mundial. O hospital onde naceu foi bombardeado momentos despois do seu nacemento, e el e a súa nai tiveron que ser sacados dos cascallos.[3] Creceu sen pai.[4] Na súa mocidade, foi acólito[5] e membro dun coro. Trasladouse ao Reino Unido aos dezaoito anos para aprender inglés.[1]
En 1966, Kier foi elixido para o papel principal do filme Road to St. Tropez.[6][7] Un dos primeiros protagonistas foi Andy Warhol's Frankenstein (1973), que o levou a unha serie de filmes de terror artísticos, de baixo orzamento e tamén mainstream, incluídos filmes sobre vampiros como Die Einsteiger (1985), Blade (1998), Modern Vampires (1998), Shadow of the Vampire (2000), Dracula 3000 e Bloodrayne (2005). Tamén se fixo famoso polo seu traballo con directores de culto, incluíndo Rainer Werner Fassbinder, Walerian Borowczyk, Gus Van Sant, Christoph Schlingensief e Dario Argento. Apareceu en case todos os filmes de Lars von Trier dende Epidemic en 1987.
Os seus papeis máis famosos de Hollywood inclúen a súa aparición como Ron Camp en Ace Ventura: Pet Detective (1994),[8] Curly en Barb Wire, como psicólogo de voo da NASA en Armageddon,[9][10] como o malvado Lorenzini en The Adventures of Pinocchio e a súa secuela de 1999, e como Ralfi en Johnny Mnemonic. O seu traballo en videoclips inclúe "Deeper and Deeper" de Madonna do álbum Erotica,[11] "Make Me Bad" de Korn, "Let Me Blow Ya Mind" de Eve e "Die Schöne und das Biest" da banda alemá Rauhfaser.
Tamén traballou como actor de voz, interpretando o psíquico Yuri en Command & Conquer: Red Alert 2 e a súa expansión, Yuri's Revenge. Tamén deu voz ao profesor Pericles en Scooby-Doo! Mystery Incorporated.
a canle franco-alemá Arte filmou un documental sobre a súa vida e carreira titulado ICH-UDO...der Schauspieler Udo Kier estreado en 2012.[12] En 2013, o documental foi finalista no Festival de Nova York.[13]
Remove ads
Vida persoal
Kier é abertamente homosexual.[4] Kier e o director alemán Rainer Werner Fassbinder foron amantes cando eran adolescentes e participaron na escena gay de Frankfurt durante os anos sesenta.[14]
Filmografía
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads