Rapante común
especie de peixe From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O rapante común[1][2][3], tamén chamado rapante[4][5] ou meiga[6], ( Lepidorhombus whiffiagonis, Walbaum 1792) ) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos escoftálmidos,[7]
Remove ads
Taxonomía
A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Pleuronectes whiffiagonis,[7] na súa edición da obra de Peter Artedi Petri Artedi sueci genera piscium in quibus systema totum ichthyologiae proponitur cum classibus, ordinibus, generum characteribus, specierum differentiis, observationibus plurimis: redactis speciebus 242 ad genera 52: Ichthyologiae pars 3. Ant. Ferdin. Röse: Grypeswaldiae.
(Ampliación da terceira parte da Ichthyologiae de Artedi, orixinalmente editada por C. Linnaeus.)
Sinónimos
Ao longo do tempo, ademais de polo nome orixinario citado, esta especie foi coñecida polos seguintes sinónimos:[7]
- Lepidorhombus megastoma Donovan, 1804
- Pleuronectes megastoma Donovan, 1804
- Pleuronectes pseudopalus Pennant, 1812
- Rhombus (Lepidorhombus) whiffiagonis (Walbaum, 1792)
Remove ads
Descrición
As principais características morfolóxicas de Lepidorhombus whiffiagonis son:[2]
- Corpo ovalado, alongado, delgado e translúcido, de até case 60 cm de lonxitude.
- Boca grande e oblicua, coa mandíbula inferior máis desenvolvida ca a superior; dentes pequenos, aguzados e curvados cara a atrás.
- Ollos de tamaño mediano.
- Escamas pequenas e caedizas.
- Liña lateral ben marcada, e curvada sobre a aleta pectoral
- Aleta pectoral do lado cego algo máis pequena que a do lado pigmentado. Aletas pelvianas bastante separadas da anal. Aleta caudal ampla e arredondada.
- Coloración castaña clara no lado pigmentado, ás veces con manchas arredondadas máis escuras (especialmente nos exemplares capturados no gran Sol), e branca no lado cego.
Remove ads
Distribución
Distribúese polo Atlántico nororiental, desde Islandia e o noroeste de Noruega até o sur do cabo Bojador (26° N), Sáhara Occidental e as illas Azores, e polo Mediterráneo, sendo máis abundante no sur de Noruega, costas occidentais das illas Británicas e Francia, e as da Península Ibérica, até o cabo da Roca.[8][9]
Hábitat e bioloxía

Hábitat
Vive sobre fondos areosos ou mixtos, de 50 a 500 m de profundidade, aínda que ás veces pódese encontrar nadando libremente. É raro velo preto da beiramar.[2][8]
Bioloxía
- Nutrición
Aliméntase de pequenos peixes bentónicos, moluscos e crustáceos.[2][8]
- Reprodución
Desova en augas profundas de Islandia e o oeste das illas Británicas, desde marzo a xuño. Os ovos, de 1 mm de diámetro, elosionan ao cabo dunha semana. As larvas son peláxicas, e os novos van descendendo cara ao fondo cando acadan os 20 mm de lonxitude.[8]
Remove ads
En Galicia
A primeira cita desta especie en Galicia débese a De Buen, no seu traballo de 1935 "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos. II parte!, Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 1-89.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads