Unión Deportiva Las Palmas

club de fútbol español From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Unión Deportiva Las Palmas, SAD é un club de fútbol español da cidade das Palmas de Gran Canaria, na illa de Gran Canaria, que xoga actualmente na Primeira división española. Estivo 35 tempadas en Primeira División e ostenta a 19.ª posición na Clasificación histórica da Primeira División. O equipo foi subcampión na tempada 1968/69 e xogou a Copa da UEFA en tres ocasións.

Datos rápidos Las Palmas, Nome ...

O club conta con 11.364 socios[1] e ten 38 peñas oficiais.[2]

A Unión Deportiva Las Palmas fundouse o 22 de agosto de 1949 ó fusionarse 5 equipos locais: o Club Deportivo Gran Canaria, o Atlético Club, o Real Club Victoria, o Arenas Club e o Marino F.C.

Remove ads

Himno

O club tivo dous himnos oficiais, sendo o segundo o que máis éxito popular obtivo. O primeiro foi composto por José Trunchado e levaba por título "Arriba de ellos". Gonzalo Monasterio (letra) e Peón Real (música) crearon o actual himno da Unión Deportiva Las Palmas, himno que desde un primeiro momento foi ben acollido pola afección amarela. Este himno gañou en Barcelona o terceiro posto no Festival da Canción Deportiva.[3]

Remove ads

Escudo

O escudo ten como base un fondo de zafiro, no centro o escudo da cidade orlado cos escudos dos cinco equipos fundadores. Entre a coroa e o escudo da cidade unha cinta amarela que leva o nome da entidade, a cidade e o arquipélago ao que representa. Entre a orla dos escudos dos cinco clubs fundadores e o escudo da cidade atópase nunha cinta branca o lema "segura ten a palma".

A Unión Deportiva Las Palmas posúe no seu escudo unha coroa e con todo, non é "real", isto débese a que a coroa foi herdada do Real Club Victoria, club fundador.

Remove ads

Uniforme

O uniforme da Unión Deportiva Las Palmas, quedou establecido desde o inicio da historia do club, coas cores representativas da illa de Gran Canaria, o amarelo e o azul, que fan alusión á "area loura das praias e ao azul ao océano Atlántico".

  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón azul, medias amarelas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón branco e medias vermellas e negras, en homenaxe ao centenario do club fundador Arenas CF.
  • Terceiro uniforme: Camiseta cor azul con detalles amarelos, pantalón azul e medias azuis e amarelas.

Instalacións

Estadio

Artigo principal: Estadio de Gran Canaria.
Thumb
España - Irlanda do Norte, Estadio de Gran Canaria, 21 de novembro de 2007.

As Palmas xoga todos os seus partidos oficiais no Estadio de Gran Canaria desde a tempada 2003/04. É o sucesor do Estadio Insular, onde xogou os seus partidos o equipo ata a tempada anterior.

Este campo de xogo, situado no barrio de Siete Palmas, ten unha capacidade de 32.665 espectadores, conta con pistas de atletismo e foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht de Bélxica. O encontro terminou co resultado de 2-1 favorable aos amarelos, con goles de Rubén Castro e Alain Nkong.

Outras instalacións

As instalacións de Barranco Seco son o lugar habitual de adestramento do primeiro persoal. É un complexo provisto con dous terreos de xogo, un de céspede natural e outro de terra.

Remove ads

Datos do club

  • Tempadas en : 35 (Incluída a 2023/24)
  • Tempadas en : 33
  • Tempadas en 2ªB: 6
  • Tempadas en : 1
  • Posto na Clasificación histórica de primeira División: 19º
  • Mellor posto en : 2º (tempada 1968-69)
  • Peor posto en : 20º (tempada 1987-88)
  • Mellor posto en : 1º (tempadas 1953-54, 1963-64, 1984-85 e 1999-00)
  • Peor posto en : 20º (tempada 2003-04)
  • Partidos en  : 1020.
  • Puntos en  : 937.
  • Vitorias en  : 345.
  • Empates en  : 225.
  • Derrotas en  : 450.
  • Maiores goleadas conseguidas:
  • Maior goleada encaixada: Atlético de Madrid 9-0 UD As Palmas (20-10-1957)
  • Máximo goleador: Germán Dévora (119 goles)
  • Participación internacional: 3 veces na Copa da UEFA: (1968/69 na Copa de Feiras, 1972/1973 e 1977/1978)
  • Trofeo Pichichi: 2003-2004, Rubén Castro (Segunda División). 2006-2007, Marcos Márquez (Segunda División).
  • Trofeo Zamora: 1998-1999, Zeljko Cicovic (Segunda División)
  • Trofeo Zarra: 2006-2007, Marcos Márquez (Segunda División).
Remove ads

Xogadores

Categoría principal: Xogadores do UD Las Palmas.

Cadro actual

Máis información Nº, Posto ...
Remove ads

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos amigábeis

Remove ads

Filiais

Las Palmas Atlético

Artigo principal: UD Las Palmas Atlético.

Fundado en 1977. Tras o logro conseguido na tempada 2007-08 ascendendo á Segunda B, na temporada 2008-09 descendeu a Terceira División, onde xoga actualmente.

Ata 2010 existiu tamén un segundo filial, o Las Palmas C.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads