Receptor orfo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Un receptor orfo é un aparente receptor celular que ten unha estrutura similar á doutros receptores identificados pero do que non se identificou aínda o seu ligando endóxeno. Se posteriormente se descobre un ligando para ese receptor orfo, o receptor pasa a denominarse "orfo adoptado".

Exemplos

Encóntranse exemplos de receptores orfos entre os receptores acoplados á proteína G (GPCR)[1][2][3] e na familia dos receptores nucleares.[4][5][6] Aos receptores GPCR orfos xeralmente se lles dá o nome "GPR" seguido dun número, por exemplo GPR1.

Se se atopa un ligando endóxeno para el, o receptor orfo é "adoptado". Un exemplo é o receptor FXR, que é activado polos ácidos biliares.[7] Entre os receptores orfos adoptados no grupo dos receptores nucleares están o receptor X farnesoide (FXR), o receptor X hepático (LXR), e o receptor activado polo proliferador do peroxisoma (PPAR). Outro exemplo dun sitio receptor orfo é o sitio de unión do PCP no receptor NMDA,[8] que é un tipo de canle iónica regulada por ligando. A droga recreativa PCP funciona uníndose a ese sitio, pero non se atopou aínda o ligando endóxeno que é específico dese sitio, polo que se considera un "orfo".

Remove ads

Descubrimento

Historicamente, os receptores descubríronse usando os ligandos para "pescar" os seus receptores. Por tanto, por definición, estes receptores descubertos por ese procedemento non eran orfos. Porén, coa aparición de novas técnicas na moderna bioloxía molecular como o exame de bibliotecas de ADNc, fíxose posible identificar receptores relacionados entre si baseándose na semellanza de secuencia para descubrir receptores sen coñecer cales son os seus ligandos.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads