Recesvinto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Recesvinto (en español, galego e portugués) tamén coñecido como Recceswinth, Rekkeswint (alemán), Reccesuinth, Recceswint, Reccaswinth (inglés), Réceswinthe (francés), Reccesvinthus, Recceswinthus (latín), e Recesvindus, (no latín do Liber iudiciorum), foi un rei visigodo que gobernou entre os anos 649 e 672.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Morreu e foi soterrado na localidade de Gérticos,[1][2] actual Wamba (provincia de Valladolid), no ano 672.[2][3] Dende 1845, os seus restos e os do seu sucesor Wamba, permanecen nunha furna na sancristía da Catedral de Toledo.[4]
Remove ads
Traxectoria
Foi fillo de Chindasvinto e Riciberga. Foi coroado no 649, estando vivo aínda seu pai, co apoio da nobreza e do clero,[5] e gobernou durante 23 anos, conseguindo durante o seu reinado un amplo período de paz continuada de 19 anos, tan só interrompido ao comezo do seu reinado por algunha revolta como a de Froia.
Revolta de Froia
Ao comezo do seu reinado, produciuse unha revolta protagonizada por Froia, duque da Tarraconense, quen, fuxindo da persecución do monarca, coma outros moitos, estableceuse entre os vascóns da Aquitania. Froia mailos vascóns, saquearon as terras do val do Ebro, incendiaron igrexas, asasinaron cregos e puxeron sitio a cidade de Zaragoza.[6] Recesvinto acudiu en auxilio da cidade, conseguiu levanta-lo sitio e matou a Froia.[7]
Durante o seu reinado, foron celebrados o VIII, IX e X Concilios de Toledo. No ano de 654, promulgou o Liber iudiciorum ou Código de Recesvinto, que perviviu entre os mozárabes de Al-Andalus e foi traducido ao castelán como Fuero Juzgo.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads