Wamba, Valladolid

concello da provincia de Valladolid From Wikipedia, the free encyclopedia

Wamba, Valladolidmap
Remove ads

Wamba é un concello e localidade de España, na provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León. Atópase na parte suroriental da comarca dos montes Torozos. Limita cos concellos de Peñaflor de Hornija, Villanubla, Ciguñuela, Valladolid (por un enclave do seu termo municipal), Castrodeza e Torrelobatón.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Toponimia

Wamba é a única localidade de España cuxo nome comeza pola letra uve dobre. O seu nome provén do rei godo Wamba, que foi elixido rei nesa localidade no ano 672. Daquela chamábase Gérticos e o rei Recesvinto tiña nela unha vila de descanso. Ao morrer Recesvinto na devandita vila, os nobres elixiron a Wamba ese mesmo día.[1][2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads