Red Buttons

From Wikipedia, the free encyclopedia

Red Buttons
Remove ads

Aaron Chwatt, nado en Nova York o 5 de febreiro de 1919 e finado nos Ánxeles o 13 de xullo de 2006, foi un actor estadounidense coñecido como Red Buttons.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Remove ads

Traxectoria

Buttons naceu co nome de Aaron Chwatt en Nova York, fillo dos inmigrantes xudeus Sophie Baker e Michael Chwatt.[1][2] Aos dezaseis anos conseguiu un traballo como mozo de hotel en Ryan's Tavern en City Island, Bronx. A combinación do seu pelo roibo e os grandes e brillantes botóns do seu uniforme inspiraron ao xefe da orquestra Charles "Dinty" Moore a chamalo "Red Buttons" ("botóns vermellos"), nome que máis tarde actuou. Ese ano chegou a substituír o mestre de cerimonias cando traballaba no Irvington Hotel de South Fallsburg, Nova York.

En 1939 comezou a actuar en Minsky's Burlesque e en 1941 José Ferrer escolleuno para actuar no seu espectáculo de Broadway The Admiral Had a Wife, unha farsa ambientada en Pearl Harbor. Tiña previsto a súa estrea o 8 de decembro dese ano, máis nunca se estreou a causa do ataque xaponés. Anos despois, Buttons fixo unha chanza dicindo que os xaponeses só atacaron Pearl Harbor para mantelo apartado de Broadway.

Finalmente o debut de Buttons en Broadway chegou en setembro de 1942 en Vickie con Ferrer e Uta Hagen. A finais dese ano apareceu no espectáculo de Misky Wine, Women and Song, que foi o último espectáculo de burlesque clásico na historia de Nova York, cando a administración do alcalde La Guardia o pechou. Buttons estaba no escenario cando o espectáculo foi asaltado.

Recrutado polas Forzas Aéreas, apareceu en 1943 no espectáculo Winged Victory, xunto con outras futuras estrelas coma Mario Lanza, John Forsythe, Karl Malden e Lee J. Cobb. O ano seguinte apareceu na versión cinematográfica da obra, dirixida por George Cukor. Buttons tamén entretivo as tropas en Europa con Mickey Rooney.

Trala guerra seguiu en Broadway e en 1952 recibiu o seu propio programa de televisión, The Red Buttons Show, que durou tres anos con grande éxito.

En 1957 estreou o filme Sayonara que supuxo un cambio dramático en relación cos seus traballos previos. No filme interpretaba a Joe Kelly, piloto estadounidense establecido en Kobe durante a Guerra de Corea e que casa con Katsumi, unha muller xaponesa interpretad por Miyoshi Umeki, que non lle permiten levar de volta ao seu país. Buttons e Umeki gañaron o Oscar nas súas categoría.

Tralo premio, Buttons seguiu aparecendo en numerosos filmes, como Hatari!, The Longest Day ou They Shoot Horses, Don't They? e en 1966 volveu protagonizar a súa propia serie en televisión, a comedia de espías The Double Life of Henry Phyfe.

Faleceu en 2006 por complicacións da arteriosclerose.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads