Repsol
From Wikipedia, the free encyclopedia
Repsol é unha empresa española derivada da antiga CAMPSA (Compañía del Monopolio de Petróleos), á que se lle puxo o nome dun dos seus produtos a raíz da facilidade do seu pronunciamento.[1]
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Repsol | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | oil company (en) , gas station chain (en) e empresa de capital aberto | |||
Parte de | IBEX 35 | |||
Forma xurídica | sociedad anónima | |||
Personalidades | ||||
Director/a | Josu Jon Imaz | |||
Director/a executivo/a | Josu Jon Imaz | |||
Presidente/a | Antonio Brufau | |||
Actividade | ||||
Industria | industria do petróleo | |||
Produtos
| ||||
Entidades | ||||
Ten en propiendade
| ||||
Entidades subsidiarias
| ||||
Economía | ||||
Bolsa de valores | Bolsa de Madrid | |||
Data | ||||
Fundación | 1986 | |||
Localización | ||||
| ||||
País | España | |||
Sede | Repsol Campus (en) | |||
Área de operación | mundial | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | repsol.com | |||
Redes | ||||
[ Wikidata ] |
Historia
Repsol S.A. é unha sociedade anónima, fundada en 1987 e na súa orixe formada pola agrupación dunha serie de compañías, previamente pertencentes ao Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH), con actividades na exploración, produción, transporte e refino de petróleo e gas. Tamén fabrica, distribúe e comercializa derivados do petróleo, produtos petroquímicos e gas licuado e vende gas natural.
O seu nome deriva da marca de lubricantes comercializada por REPESA (Refinería de Petróleos de Vertedoiros), pola súa notoriedade e fácil pronuncia en diferentes idiomas e co obxectivo de transformarse nunha marca líder, de prestixio e recoñecemento mundial. En 1991, o Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH) ante a inminente desaparición do monopolio estatal de petróleos fixouse o obxectivo de crear unha empresa de capital mixto público - privado que explotase os activos petroleiros do Estado. Á hora de buscarlle nome realizouse unha enquisa a nivel de rúa e as dúas únicas palabras que a xente recoñeceu e asociou co mundo do petróleo foron CAMPSA (distintivo do antigo monopolio) e REPSOL. Obviamente, elixiuse esta última para dar nome á nova sociedade.
Cando en 1999 Repsol adquiriu practicamente a totalidade das accións da petroleira estatal arxentina YPF, a sociedade pasou a chamarse Repsol YPF, S.A. constituíndo unha empresa multinacional integrada de petróleo e gas natural, converténdose nunha das maiores petroleiras privadas do mundo, con operacións en máis de trinta países, e sendo a maior compañía privada enerxética en Hispanoamérica, en termo de activos.
Repsol opera en máis de 30 países e emprega a máis de 37 000 persoas de múltiples nacionalidades.
O grupo Repsol YPF opera principalmente nas áreas de:

- Exploración e produción.
- Refino e comercialización.
- Química.
- Gas e Electricidade.
En 2020 comeza a redución da importancia do petróleo na empresa, tendo reducido a menos da metade as exploracións de novos xacementos petrolíferos en relación a 2019, e a unha terceira parte en relación a 2008.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.