Ribe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ribe é unha cidade de Dinamarca. No ano 2005 tiña 18.000 habitantes. Ata o 1 de xaneiro de 2007 foi a capital do condado de Ribe, actualmente pertence á Rexión de Syddanmark.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribe.
O documento máis antigo que fai referencia á localidade é de 854, como un centro comercial grazas ao seu porto, que actualmente non existe xa que o acceso á ría que une a cidade co mar se foi cubrindo de area. Na Idade Media foi unha próspera cidade comercial, unha das máis importantes de Escandinavia e constituía un dos puntos de embarque dos peregrinos escandinavos cara a Santiago de Compostela no Camiño Xacobeo.
A catedral é un dos edificios emblemáticos da cidade, a única en Dinamarca de cinco plantas e co tímpano meirande do país.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ribe |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads