Groselleira
xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As groselleiras[2] son arbustos pertencentes ao xénero Ribes que conta con arredor de 150 especies de arbustos naturais das zonas temperadas do hemisferio norte; considérase normalmente o único xénero da familia Grossulariaceae (as grosulariáceas). Aprécianse polas súas bagas, consideradas froitos do bosque. Inclúe especies coma a groselleira negra, R. nigrum, vermella, R. rubrum e branca ou espiñenta, R. uva-crispa), así coma varias especies de ornamentais.
En Galiza non son comúns as especies bravas, mais si aparecen como ornamentais en xardíns.
Existen varias especies semellantes en Europa, Asia e América do Norte que tamén producen bagas comestíbeis, aínda que se considera o seu sabor máis pobre. Entre elas atópase Ribes spicatum (norte de Europa e norte de Asia), R. schlechtendalii (nordés de Europa), R. multiflorum (sueste de Europa), R. petraeum (suroeste de Europa) e R. triste (América do Norte: dende Terra Nova a Alasca e cara ao sur en zonas montañosas).
Remove ads
Especies seleccionadas

|
|
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads