Ribes hirtellum

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Ribes hirtellum
Remove ads

Ribes hirtellum é unha especie de groselleira espiñenta americana pertencente á familia Grossulariaceae[1] nativa do nordés e centro-norte de América do Norte.[2] As groselleiras de cultivo derívanse desta especie e da groselleira espiñenta europea.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Thumb
Follas
Thumb
Flores
Thumb
Follaxe de outono
Remove ads

Cultivo

Os cultivos da groselleira espiñenta europea (R. uva-crispa) foron devastados polo mofo da groselleira americana Podosphaera mors-uvae (syn: Sphaerotheca mors-uvae ), que se introduciu accidentalmente de Europa, e ao que a R. hirtellum é resistente. Esta é unha das catro especies americanas que se cruzaron con R. uva-crispa para producir cultivares resistentes similares ao orixinal R. uva-crispa.[3] O cultivar 'Houghton' é un dos obtidos polo cruzamento de R. uva-crispa con R. hirtellum.

Remove ads

Taxonomía

Ribes hirtellum foi descrito por André Michaux e publicado en Flora Boreali-Americana 1: 111. 1803.[4]

Etimoloxía

Ribes: nome xenérico que segundo parece procede do árabe rabas; en persa rawas e rawash = nome en oriente dun ruibarbo (Rheum ribes L., poligonáceas). Afírmase que ribes figura por primeira vez en occidente na tradución que Simón Januensis fixo, na segunda metade do século XIII, do libro de Ibn Sarab do Serapión –Liber Serapionis aggregatus in medicinis simplicibus...– e que este nome foi adoptado polos menciñeiros. En todo caso, aplicouse a plantas diferentes, como ás groselleiras (Ribes sp. pl.), quizais polos seus froitos acedos e polas súas propiedades medicinais semellantes.[5]

hirtellum: epíteto latíno que significa "algo peludo".[6]

Sinonimia
  • Grossularia hirtella var. calcicola (Fernald) A. Berger
  • Ribes oxyacanthoides var. hirtellum (Michx.)
  • Ribes oxyacanthoides var. calcicola Fernald[7]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads