Rita Barberá
política española From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
María Rita Barberá Nolla, nada en Valencia o 16 de xullo de 1948 e finada en Madrid o 23 de novembro de 2016[1], foi unha política española do Partido Popular. Foi a alcaldesa da cidade de Valencia entre 1991 e 2015.
Remove ads
Traxectoria
Foi licenciada en Ciencias Políticas, Económicas e Empresariais pola Universidade de Valencia e de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Foi cofundadora do Partido Popular en Valencia e deputada nas Cortes Valencianas dende 1983. Foi elixida alcaldesa de Valencia o 15 de xullo de 1991 e reelixida nas eleccións de 1995, 1999, 2003, 2007 e 2011 nas que conseguiu a maioría absoluta.
Nas eleccións de 2015, o Partido Popular perdeu a maioría absoluta e Rita Barberá perdeu a alcaldía grazas a un pacto de esquerdas entre Compromís, PSPV e València en Comú.
Involucrada nos casos «Rita Leaks» e «Operación Taula», viuse obrigada a darse de baixa no PP o 14 de setembro de 2016 para manter o seu cargo de senadora. Faleceu dun infarto no Hotel Villa Real, situado fronte ao Congreso, onde se aloxaba, o 23 de novembro do mesmo ano[2].
Predecesor: Clementina Ródenas |
![]() Alcaldesa de Valencia 5 de xullo de 1991 - 13 de xuño de 2015 |
Sucesor: Joan Ribó |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads