Rob Reiner
actor, cineasta, escritor e activista estadounidense (1947—2025) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rob Reiner, nado en Bronx (Nova York) o 6 de marzo de 1947 e finado en Brentwood (California) o 14 de decembro de 2025, foi un actor, director de cinema e activista político estadounidense.
Remove ads
Traxectoria
Foi fillo do actor e director de cine Carl Reiner e irmán do director Lucas Reiner.
Comezou a súa andaina artística en teatros e estudios de televisión. É un especialista en comedias. Entre os seus filmes figuran A princesa prometida, Conta comigo, Misery, Cando Harry atopou a Sally (como director) e The Wolf of Wall Street (como actor).
Vida persoal
Divorciou da actriz Penny Marshall e logo casou coa tamén actriz Michele Singer coa que tivo 3 fillos. Unha delas é a actriz Estelle Reiner. Morreu canda Singer nun evento violento.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
