Rocafort

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rocafortmap
Remove ads

Rocafort, tamén coñecido como Rocafort de Campolivar, é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona noroesta da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 6.259 habitantes (2008).

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

Rocafort atópase situado ao noroeste da capital valenciana. O seu termo municipal presenta unha forma estreita e alargada de NO a SE e limita cos concellos de Godella e Valencia. O centro urbano divide o termo en dous partes de relevo e utilización do chan moi diferenciadas. A parte que segue ao noroeste ocúpana unha serie de lombas suaves e onde os cultivos de secaño (alfarrobeiras, oliveiras e vide) foron substituídos por urbanizacións de descanso e veraneo. Dende o núcleo urbano primitivo cara ao sueste o chan é completamente chairo e de orixe sedimentario, ocupado por cultivos de regadío con auga procedente do Caldeirón Real de Montcada.

O clima é mediterráneo, aínda que lixeiramente máis fresco que na capital provincial debido á altitude dos seus outeiros. Accédese a esta localidade desde Valencia, por estrada. Tomando a CV-308. Tamén se pode acceder a través da liña 1 de Metro Valencia.

Remove ads

Historia

A fundación de Rocafort é posterior á conquista do rei Xaime I. Pertenceu a Francesca Gamella, foi vendido aos Mercader, e pasou por último aos baróns de Santa Bàrbara.

Demografía

O crecemento demográfico foi moi importante na primeira metade do presente século e chegou a 1950 con 1.299 habitantes. En 1969 subiron a 1.550, e en 1970 eran xa 2.200.

Evolución demográfica
19901992199419961998200020022004200520072008
3.7034.2424.6194.7994.6295.1175.4646.0496.0886.2596.584

Economía

A súa economía descansa na agricultura, a industria e os servizos da zona residencial. A gandaría é escasa. A industria ten varias fábricas de marroquinaría, un taller de mármore e varios de derivados da madeira, así como algúns vestixios de carácter artesanal das súas antigas fábricas de seda e bordados.

As súas canteiras de pedra e mármore áchanse xa en período de extinción, aínda que cabe o valor histórico de contribuír á construción das Torres de Serrans e do Micalet.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads