Rodrigo Gil de Hontañón

arquitecto español From Wikipedia, the free encyclopedia

Rodrigo Gil de Hontañón
Remove ads

Rodrigo Gil de Hontañón, nado en Rascafría o 23 de febreiro de 1500 e finado o 31 de maio de 1577en Segovia, foi un arquitecto renacentista considerado como un dos mellores arquitectos españois do século XVI. Seu estilo persoal influíu na obra de arquitectos modernos como Antonio Palacios. A súa obra simboliza a coexistencia entre o gótico tardío e o clasicismo renacentista e, ao mesmo tempo, a superación en España do medievalismo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Colexiata de Santa María de Vilafranca do Bierzo

Rodrigo Gil de Hontañón naceu en 1500 en Rascafría no seo dunha familia dedicada á arquitectura e á construción. Era fillo do mestre canteiro trasmierán Juan Gil de Hontañón, e irmán de Juan Gil de Hontañón, "o Mozo", aínda que Rodrigo sobresaíu con respecto aos anteriores.[1][2]

Nos seus primeiros anos traballou canda seu pai, co que colaborou en obras como a Catedral de Valladolid en 1527.[3] En 1533 realizou a súa primeira obra individual, a Colexiata de Santa María de Vilafranca do Bierzo, cunha decoración propia do plateresco. Sucedeu a seu pai en 1526 na dirección das obras da Catedral de Segovia, da que foi Mestre Maior e, así mesmo, foino da Catedral Nueva de Salamanca a partir de 1538.

Thumb
Fachada do Colegio Mayor de San Ildefonso, actualmente sede da Universidade de Alcalá de Henares, a obra máis coñecida de Rodrigo Gil de Hontañón

A súa importancia, porén, débese en maior medida á arquitectura civil. Realizou o palacio de Monterrey de Salamanca, con soberbia fachada plateresca na que se intensifica o ornamento escultórico nos corpos superiores rematados en crestería. En 1556 procectou o edificio do Colexio Trilingüe de Salamanca (hoxe desaparecido), con traza moito máis renacentista.[4] Tamén realizou o palacio de los Guzmanes, en León (1559-1566), similar, aínda que un tanto máis sobrio, ao palacio de Monterrey. A súa obra máis coñecida é a fachada do Colexio Maior de San Ildefonso (1551-1553), actual reitorado da Universidade de Alcalá de Henares, estruturada en tres zonas horizontais: a superior, que conta cunha galería corrida articulada por columnas rematadas en pináculos, e as dúas inferiores, máis espidas, onde se abren nichos platerescos de gran plasticidade.

Entre as súas obras destacan numerosas igrexas en diversos lugares, como a Igrexa de Santiago Apóstol en Medina de Rioseco —nun postreiro estilo tardogótico—, a Igrexa de Santiago de Cáceres, a capela do Deán, no antigo convento de San Francisco en Zamora, obra iniciada polo seu pai e que el concluíu; a Igrexa de San Julián en Toro, a Igrexa de San Sebastián en Villacastín; a reconstrución da Igrexa de San Eutropio en El Espinar, e obras na Catedral Nueva de Plasencia, na capela maior da Catedral de Ciudad Rodrigo. Tamén construíu a torre da Basílica da Asunción de Nuestra Señora de Colmenar Viejo.

Remove ads

En Galicia

En Galicia cómpre destacar a súa achega no claustro da Catedral de Santiago de Compostela, que rematou, e así mesmo, nesta cidade, construíu o claustro do Colexio de Santiago Alfeo, ou de Fonseca. Tamén deseñou os dous primeiros claustros do Hospital Real de Santiago. Fóra de Santiago realizou diversas obras de reforma e ampliación na Catedral de Ourense.

Morte e legado

Hontañón faleceu en Segovia en 1577. As teorías deste prolífico arquitecto recolléronse no texto Compendio de architectura y Simetría de los templos do salmantino Simón García, Mestre Maior entre 1667 e 1703 da Catedral Vieja de Salamanca (atribúense a Gil de Hontañón os primeiros seis capítulos).

A súa obra saltou ao outro lado do Atlántico, alcanzando a súa influencia á Nova España (México) mediante Claudio de Arciniega, posta de manifiesto en edificios de Acolman, Yuriria e Metztitlán.[5]

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads