Plateresco

estilo arquitectónico From Wikipedia, the free encyclopedia

Plateresco
Remove ads

Plateresco[1], tamén chamado de gótico plateresco, Protorrenacenza, estilo Isabel, estilo Reis Católicos (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) e estilo Príncipe Filipe (referido á súa fase renacentista), é un estilo artístico, especialmente arquitectónico, que se desenvolveu en España e nos seus territorios no século XVI, caracterizado pola fusión de elementos góticos, mudéxares e renacentistas e pola elaboración e minuciosidade das súas obras[2]. Apareceu entre o último gótico e a Rencenza, xa a finais do século XV, estendéndose durante os dous séculos a seguir.

Thumb
Porta do Hospital Real de Santiago de Compostela, obra culminante do plateresco.
Thumb
Fachada da Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.
Thumb
Fachada da Universidade de Salamanca (España).

Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativas mudéxares, do gótico flamexante e Arquitectura románica lombarda, así como temperáns elementos renacentistas de orixe toscana.

Exemplos son a inclusión de escudos e pináculos, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista. Chegou á súa máxima expresión durante o reinado de Carlos I,[3] especialmente en Salamanca, aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades da Península Ibérica como León e Burgos e no territorio de Nova España que hoxe é México.[3] Considerado ás veces corrente renacentista e outras estilo propio, recibe ás veces os nomes de Protorrenacenza[4] e Primeira Renacenza como rexeitamento ao considerar un estilo en si mesmo. En Galicia salienta o Hospital Real de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro, hoxe Hostal dos Reis Católicos.

O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candelabros, festóns, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións.[3] A configuración espacial, porén, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e apenas espaciais, fan que sexa clasificado moitas veces como variación e non coma estilo.[5] En Nova España o Plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.[3]

No século XIX, co pulo dos historicismos, a arquitectura plateresca reviviu baixo os nomes de estilo Monterrey e estilo español.[6]

Remove ads

Etimoloxía

O nome Plateresco vén do castelán: plata (prata) e fai referencia ao oficio de prateiro ou arxentador. O historiador sevillano Diego Ortiz de Zúñiga utilizouno por vez primeira no século XVII, aplicándoo á descrición da sancristía da catedral de Sevilla[7] no 3º volume dos seus Anales, algúns autores[3] erroneamente vincularon tal cualificativo coa Capela Real, que Ortíz de Zúñiga menciona na súa obra máis tarde, no 4º volume[8].

Remove ads

Historia

O plateresco segue a liña do Estilo Isabel, onde os elementos decorativos de tradicións ibéricas e italianizantes forman complexos enfeites que se superpoñen ás estruturas góticas. Posteriormente pódese falar dun Plateresco que conserva as formas góticas como base até 1530. Após esta data, aínda que continúan utilizándose e evolucionando os enfeites platerescos, estes pasan a formar parte dunha arquitectura que xa comeza a asumir as ideas renacentistas. En 1563, co comezo da construción do mosteiro do Escorial, a arquitectura renacentista depúrase grazas ás intervencións de Juan de Herrera, dando fin ao esplendor e á extensión do Plateresco na Península Ibérica. En México, porén, non se esqueceu, dando lugar a un Neoplateresco no século XVIII.

En calquera caso o Plateresco, considerado ou non como estilo e exclusivamente español ou por outra banda europeo, representa a transición entre os estilos gótico e renacentista.

Remove ads

Características

Plateresco español

Foron típicas as fachadas-retablo, realizadas como se de coidadosas obras de ourivaría se tratase, prolificamente decoradas. A decoración, se ben obtivo diversas inspiracións, foi fundamentalmente vexetal, aínda que tamén tivo profusión de medallóns, elementos heráldicos e figuracións animais, entre outros. Prodúcese tamén unha riqueza nos materiais: chapras douradas en cristarías e coroamentos, vasos etc. Ao concluír o primeiro terzo do século XVI olláronse maiores policromías e aparecen cristarías de base histórica e as balaustradas, ademais dunha decoración máis prolixa.[9]

A extensión da decoración por todas as superficies arquitectónicas redunda na creación de novas superficies e subespazos, fundamentalmente decorativos do lugar onde se achan, que á súa vez se ornamentan profusamente, tales como fornelas, nichos e edículas.[10]

Así mesmo foron incluíndose progresivamente elementos italianos como enfeite: almofadados, chapiteis clásicos, arcos romanos e especialmente grutescos.[11]

A decoración empregada tiña significados concretos, non podéndose ler tan só descritivamente. Así, os loureiros, os motivos bélicos e a abundancia de cornos colocábanse nas vivendas de militares destacados. Polo mesmo a escenificación de fábulas gregas e romanas abstraía ideais humanistas, co que a lóxica decorativa se convertía nun medio para expresar e difundir ideas renacentistas.[10]

Tamén se implementaron e preferiron certos aspectos espaciais. Deste xeito construíronse escaleiras caustrais de caixa aberta.[12] No entanto, apenas houbo modificacións espaciais respecto do gótico.

Plateresco americano

Nas Américas, especialmente no actual México, certas culturas autóctonas estaban en fases artísticas que poden considerarse barrocas cando os españois levaron con eles o Plateresco. Este mesturouse simbioticamente coas tradicións locais, de xeito que a arquitectura gótica non chegou ás Américas propiamente ditas, senón a través dun Plateresco que axiña mudou primeiro coas influencias indíxenas e despois coas africanas, evoluíndo no que se deu en chamar un Barroco americano.[13]

Remove ads

Exemplos

Arquitectos e artistas platerescos

Arquitecturas e outras obras platerescas

Galicia

Andalucía

  • A Casa do Concello de Sevilla.
  • A reixa da Casa de Pilatos Sevilla.

Cantabria

Castela

  • A fachada do Convento de San Marcos de León.
  • A torre de Guadramiro en Salamanca.
  • O castelo de Maqueda en Toledo.
  • A fachada da Universidade de Salamanca (Escolas Maiores).
  • A fachada da Catedral Nova de Salamanca.
  • A fachada do Convento de Santo Estevo de Salamanca.
  • O claustro do Convento de las Dueñas en Salamanca.
  • A fachada da Igrexa de Sancti Spiritus en Salamanca.
  • A fachada do Colexio Maior de Santo Ildefonso, da Universidade de Alcalá.
  • A Casa de las Conchas de Salamanca.
  • O Convento de San Marcos de León.
  • A Puerta de la Pellejería da Catedral de Burgos.
  • O Hospital del Rey de Burgos.
  • O trascoro e a antecripta da Catedral de Palencia.
  • O púlpito da Igrexa de Santo André Apóstolo de Villanueva de los Infantes, Cidade Real.
  • A fachada da Igrexa de San Tomé en Haro, A Rioxa.

Estremadura

  • A Fachada do Perdón e o Balcón das Reliquias da Catedral de Coria, Estremadura.

País Valenciano

  • Portada del Alhorí en Alcaraz (Albacete).

País Vasco

Américas

Remove ads

Galería de imaxes

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads