Romanización de Galicia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Romanización de Galicia
Remove ads

A romanización foi o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

Datos rápidos Historia de, Cronoloxía ...
Remove ads

Orixe e evolución

Thumb
Campañas romanas no noroeste peninsular      D.J. Brutus no ano 137 a.C.      Cesar no 61 a.C.      Campaña do ano 26 a. C.      Campaña do ano 25 a. C.

O comezo de romanización de Galicia adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do esquecemento (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en populi e castella, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.

O territorio pertenceu primeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituíuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituíndo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no século III d.C.

Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da vila romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandiría a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa persistiría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.

As referencias documentais para o estudo da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Unha listaxe dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Orosio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio o Vello, Tolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e Martiño de Dumio, e no Itinerario de Antonino.

Trátanse de breves descricións de Galicia que, como a feita por Mela na súa obra Coreografía, achegan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos Celtici.

Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads