Romanización revisada do coreano
sistema de romanización do coreano, oficial en Corea do Sur From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A romanización revisada do coreano (hangul: 국어의 로마자 표기법, hanja revisada: gugeoui romaja pyogibeop, McCune-Reischauer: kukŏŭi romacha p'yokipŏp) é o sistema de romanización oficial de Corea do Sur. Este sistema foi publicado polas autoridades surcoreanas no ano 2000, como substituto ao anterior sistema oficial (baseado na romanización McCune-Reischauer). O novo sistema é similar ao usado antes de 1984, salvo que o anterior non representaba fielmente a variación da pronunciación dalgunhas consoantes segundo a súa posición na palabra. A romanización revisada usa exclusivamente símbolos alfabéticos (sen acentos ou tiles) a excepción do guión, cuxo uso adoita ser opcional e pouco frecuente. Foi desenvolvida pola Academia Nacional do idioma Coreano en 1995, e foi publicada o 4 de xullo de 2000 polo ministerio de Cultura e Turismo de Corea. Entre as razóns achegadas para a adopción dun novo sistema sen signos diacríticos atópanse as seguintes:[1]
- Ao utilizar unicamente letras e símbolos latinos, é máis viable o seu uso en ordenadores, mentres que o uso de apóstrofos e acentos breves do sistema McCune-Reischauer pode resultar problemático ou incómodo no ámbito da informática.
- Proporciona unha romanización consistente por parte de falantes nativos coreanos, xa que reflicte mellor algunhas características importantes do idioma.
- Evita as confusións resultantes da tendencia a omitir os apóstrofos e signos diacríticos.
- Posibilita o rexistro de nomes de dominio de Internet en coreano, nos que só é posible utilizar caracteres ASCII planos.
Remove ads
Características
Algunhas características notables da romanización revisada son:
- As sílabas hangul 어 e 으 romanízanse como dígrafos formados por dúas vogais: eo e eu, respectivamente (en lugar de utilizar ŏ e ŭ como no sistema McCune-Reischauer).
- ㅝ romanízase como wo e ㅢ como ui.
- A diferenza do sistema McCune-Reischauer, as consoantes aspiradas (ㅋ, ㅌ, ㅍ, ㅊ) non se marcan con apóstrofos, se non que se romanizan como k, t, p e ch respectivamente. As consoantes non aspiradas correspondentes (ㄱ, ㄷ, ㅂ, ㅈ) romanízanse con letras que en inglés son consoantes sonoras: g, d, b e j.
- ㅅ sempre se romaniza como s se precede a unha vogal ou unha semivogal, nunca como sh agás cando se está transliterando.
- ㄹ equivale a r cando precede a unha vogal ou semivogal, e a l no resto dos casos: 리을 → rieul, 철원 → Cheorwon, 울릉도 → Ulleungdo, 발해 → Balhae. Ao igual que no sistema McCune-Reischauer, ㄴ romanízase como l cando é pronunciada coma unha consoante lateral en lugar dunha consoante nasal: 전라북도 → Jeollabuk-do
O guión pódese empregar en casos nos que a romanización dunha sílaba poida resultar ambigua e confundirse con outra: 장음 → jang-eum en contraposición a 잔금 → jan-geum. Porén, ningunha publicación oficial utiliza este recurso.
Débese utilizar o guión en transliteracións, para marcar a existencia dun carácter ㅇ ao principio dunha sílaba (expresa ausencia de son antes dunha vogal), agás se este aparece ao principio da palabra: 없었습니다 → eobs-eoss-seubnida, 외국어 → oegug-eo, 애오개 → Ae-ogae
Aínda que en principio as sílabas dos nomes propios coreanos non se separen con guións, isto está permitido: 강홍립 → Gang Hongrip ou Gang Hong-rip, 한복남 → Han Boknam ou Han Bok-nam
As sílabas que se refiren a unidades administrativas territoriais coreanas, como por exemplo, do (unidade equivalente a unha provincia) débense separar do nome do lugar cun guión: 강원도 → Gangwon-do. Así mesmo, algunhas veces pódense omitir algunhas destas sílabas (como 시, 군 ou 읍): 평창군 → Pyeongchang-gun ou Pyeongchang, 평창읍 → Pyeongchang-eup ou Pyeongchang.
Remove ads
Regras de transcripción
Vogais
Consoantes
ㄱ, ㄷ, ㅂ, e ㄹ transcríbense como g, d, b, e r cando se coloca na inicial dunha palabra ou antes dunha vogal, e como k, t, p, e l cando va seguida doutra consoante ou cando aparece ao final dunha palabra.[2]
Provisións especiais
A romanización revisada transcribe certos cambios fonéticos que ocorren con combinacións da consoante final dun carácter e a consoante inicial do seguinte como Hanguk → Hangugeo. Estes cambios significativos ocorren (resaltados en amarelo):
Os cambios fonéticos entre as sílabas nos nomes de pía non se transcriben: 정석민 → Jeong Seokmin ou Jeong Seok-min, 최빛나 → Choe Bitna ou Choe Bit-na.
Os cambios fonolóxicos móstranse onde ㄱ, ㄷ, ㅂ, e ㅈ son adxuntas a ㅎ: 좋고 → joko, 놓다 → nota, 잡혀 → japyeo, 낳지 → nachi. Porén, os son aspirados non se mostran no caso de substantivos onde ㅎ segue a ㄱ, ㄷ, e ㅂ: 묵호 → Mukho, 집현전 → Jiphyeonjeon.[2]
Remove ads
Véxase tamén
- McCune-Reischauer
- Hangul (sistema de escritura coreana)
- Corea do Sur
- Corea do Norte
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads