Romeu e Xulieta

traxedia de William Shakespeare From Wikipedia, the free encyclopedia

Romeu e Xulieta
Remove ads

Romeu e Xulieta[1][2] ou Romeo e Xulieta[3] (en inglés: Romeo and Juliet) é unha traxedia en lingua inglesa de William Shakespeare, escrita en 1597 co título orixinal de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet. Foi traducida ao galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Editorial Galaxia en 2003.[3]

Datos rápidos Tipo, Forma artística ...
Thumb
Thumb
Romeo e Xulieta de Ford Madox Brown.
Remove ads

Tema e argumento

A obra trata sobre dous amantes que viven un amor imposible pola rivalidade das súas familias, os Montescos e os Capuletos. Só a morte dos amantes conseguirá conciliar as súas familias. Xunto con Hamlet foi unha das obras máis populares da época de Shakespeare, e segue a ser unha das máis representadas. A estrutura dramática empregada polo dramaturgo inglés é notable, especialmente na combinación de comedia e traxedia para aumentar a tensión narrativa, así como no desenvolvemento de enredos secundarios e a expansión que sofren os personaxes máis secundarios, outorgándolle un sentido de forte complexidade ó relato. Os dous protagonistas acadaron co tempo un valor simbólico, derivando no arquetipo do amor perfecto pero que a sociedade fai imposible. De Romeu e Xulieta fixéronse numerosas versións teatrais, cinematográficas, musicais e de banda deseñada. A obra traduciuse a gran número de linguas. A tradución galega apareceu no ano 2003.

Remove ads

Orixe

Romeu e Xulieta pertence á tradición de romances tráxicos que xa ven da antigüidade, o seu argumento baséase en dous contos italianos, o de Matteo Bandello e o de Masuccio Salernitano na versión que del fixo Luigi da Porto e que traduciu en 1562 Arthur Brooke titulando á súa obra The Tragical History of Romeus and Juliet e que William Painter reescribiu en prosa en 1582 co título Palace of Pleasure. Shakespeare baseouse nas dúas obras para escribir a súa entre 1591 e 1595, engadíndolle personaxes novos tales como Mercucio e Conde Paris.

Remove ads

Edicións

Foi escrita na primeira etapa como literato de Shakespeare. Como libro publicouse por primeira vez en 1597, o texto considérase de baixa calidade, segundo o crítico T. J. B. Spencer a edición non sería de Shakespeare senón que estaría baseada no recordo do texto por parte dos actores que a representaron. En 1599 publicouse a seguinte edición que tiña o título de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet, conta con 800 versos máis ca versión anterior e é un texto máis completo e fiable, reimprimiuse varias veces ó longo da primeira metade do século XVII. A edición que aparece no First Folio (1623), na que se basean os textos canónicos da maioría das obras de Shakespeare, é a reimpresión de 1609 con algúns engadidos. A primeira versión moderna é a de Nicholas Rowe e data de 1709.

Nome en galego

Segundo o Dicionario dos nomes galegos[2], en que "cada entrada pode a efectos oficiais ser considerada un dictame" da Real Academia Galega, a forma estándar debe ser Romeu e Xulieta. Tamén aparece así na Guía dos nomes galegos.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads