Ronnie Spector
cantante estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Veronica Yvette Greenfield,[1] nada o 10 de agosto de 1943 como Veronica Yvette Bennett e finada o 12 de xaneiro de 2022,[2] foi unha cantante estadounidense máis coñecida polo seu nome artístico, Ronnie Spector. Formou o grupo musical The Ronettes en 1957 xunto coa súa irmá máis vella, Estelle Bennett, e a súa curmá, Nedra Talley. Ronnie liderou o grupo durante o tempo que foi producido por Phil Spector, con quen casou en 1968 e se separou en 1972.
Remove ads
Traxectoria
Bennett foi a voz principal de The Ronettes e durante os primeiros anos da década de 1960 tiveron grandes éxitos, como as cancións "Be My Baby" (1963), "Baby, I Love You" (1963), "The Best Part of Breakin' Up" (1964) e "Walking in the Rain" (1964). En 1964, comezou unha carreira en solitario co sinxelo "I'm So Young". Despois de 1980 publicou cinco álbums de estudio: Siren (1980), Unfinished Business (1987), Something's Gonna Happen (2003), Last of the Rock Stars (2006) e English Heart (2016). Tamén gravou unha versión estendida de She Talks to Rainbows (1999). En 1986, a súa carreira reviviu cando sacou a canción "Take Me Home Tonight" con Eddie Money.
Bennett foi alcumada en ocasións como a "moza mala do rock and roll" orixinal.[3][4] En 1990 publicou as súas memorias Be My Baby: How I Survived Mascara, Miniskirts, and Madness, Or, My Life as a Fabulous Ronette.[5] En 2007, foi incluída no Salón da Fama do Rock como membro de the Ronettes.[6]
Remove ads
Discografía
Con The Ronettes
Álbums en solitario
EPs
Sinxelos en solitario[19]
- 1971: "Try Some, Buy Some" (Apple 1832)
- 1975: "You'd Be Good For Me" (Tom Cat YB-10380)
- 1976: "Paradise" (Warner Spector SPS 0409)
- 1977: "Say Goodbye To Hollywood" (Epic 8-50374)
- 1978: "It's a Heartache" (Alston 3738)
- 1980: "Darlin'" (Polish PR-202)
- 1987: "Who Can Sleep" (Columbia 38-07082)
- 1987: "Love On a Rooftop" (Columbia 38-07300)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
