Roque de Montpellier
santo cristián, avogado dos enfermos de peste e dos peregrinos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Roque.

Percorreu a Península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Lois XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.
O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do santo, polo que era nomeado santo patrón da localidade.
Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.
Remove ads
Tradicións de culto
É o patrón de moitas parroquias galegas. É o copatrón da cidade de Santiago de Compostela dende 1517, ano en que por mor dunha epidemia de peste a cidade encomendouse ao santo coa promesa de que se os libraba o farian patrón da cidade. Dende ese ano todos os 16 de agosto a Corporación Municipal renova o Voto da Cidade.
En Galicia hai declaradas tres festas de interese turístico polo día de san Roque:
- en Betanzos celébranse a romaría dos Caneiros, e o día 16, nas festas de San Roque de Betanzos, lánzase o globo de papel máis grande do mundo, elaborado artesanalmente pola familia Pita e veciños da vila;
- a Festa de San Roque de Sada; e
- as Danzas Ancestrais de San Roque do Hío en O Hío, Cangas.
A única de interese turístico nacional (dende 2006) son as Festas Patronais na honra de San Roque de Vilagarcía. Tamén se celebra, entre outros lugares, no barrio de San Roque de Vigo e en Carballedo (Cerdedo-Cotobade).
En Llanes é Festa de Interese Turístico Nacional, celebrándose unha gran procesión coa imaxe do Santo e un Festival Folclórico co baile do Pericote, así coma o Encontro Rexional de Gaiteiros.
Remove ads
Galería de imaxes
- San Roque no Mosteiro de Santa María de Oia
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roque de Montpellier |
Bibliografía
- Brugada, M.: San Roque. Editorial Centro de Pastoral Litúrgica, Barcelona 2000, Colección Santos y Santas n. 44.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads