Rotemburg
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rotemburg (oficialmente en alemán: Rotenburg an der Fulda), é unha pequena cidade do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hessen, Alemaña.
Remove ads
Xeografía

Encóntrase situada a uns 180 msnm, á beira do río Fulda, un dos afluentes do río Weser.
A cidade atópase ao sur da cordilleira Stölzinger Gebirge, na parte máis estreita do val do Fulda. O punto máis baixo da cidade está a 180 m sobre o nivel do mar, na zona próxima ás dúas pontes que cruzan o río Fulda que unen a Cidade Vella e a Cidade Nova; estas ponte son a Alte Fuldabrücke ("Ponte vella de Fulda") e a Brücke der Städtepartnerschaften ("Ponte das asociacións da cidade"). O punto máis alto da cidade é o Alheimer de 548,7 m de altura, situado no límite da cidade de Rotenburg e a comunidade veciña de Alheim.
Ocupa unha superficie de 79,84 km2. A súa poboación, segundo o censo de 31 de decembro de 2020, era de 13 959 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 170 hab./km2.[1]
As cidades importantes máis próximas son Bad Hersfeld (a 16 km ao sur), Kassel (a 50 km ao norte) e Fulda (a 70 km ao sur).
Remove ads
Historia
A cidade foi a capital do Landgraviato de Hesse-Rotenburg desde 1627 a 1834. Foi incendiada durante a Guerra dos Trinta Anos polas tropas do Sacro Imperio Romano Xermánico en febreiro de 1637.[2]
Antigo distrito
En 1821 creáronse os distritos en Hessen, incluíndo os distritos de Hersfeld e de Rotenburg, que permaneceron case inalterados (excepto nun breve período despois da revolución de 1848, cando foron disoltos cando de produciu a anexión de Hessen-Kassel por Prusia e a creación do estado de Hessen. En 1972 ambos os distritos fusionáronse nun só.
Remove ads
Galería
- Escudo de armas
- Castelo do Landgrave en Rotenburg, vista frontal do edificio central
- Casa do Concello de Rotenburg (construída entre 1597 e 1598)
- Altstadtstraße 16 de Rotenburg, vista desde o norte
- Igrexa de Santiago o Maior, patrón da cidade, na praza do mercado
- Marstall en Rotenburg (construído en 1570)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

