Rubéola

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rubéola
Remove ads


A rubéola,[1] tamén coñecida como roséola epidémica e sarampelo alemán[2] e antigamente como terceira enfermidade ou terceira doenza é unha enfermidade vírica causada polo Rubella virus.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Nomes

Etimoloxía de rubéola e sinónimos

  • Rubéola: do latín rubeus (roxo, rubio ou vermello), á súa vez da raíz preindoeuropea *reudh- referida á cor cálida.[3][4] O nome fai referencia ás manchas arroxadas características que aparecen na pel dos afectados.
  • Roséola: provén tamén do latín roseus (cor rosa) coa mesma orixe preindoeuropea. A roséola epidémica é un sinónimo para rubéola, pero o nome tamén se aplica a erupcións cutáneas causadas por virus diferentes, como a roséola escarlatina ou cuarta enfermidade.
  • A enfermidade chámase tamén sarampelo alemán por ter unha erupción vermella similar ao xarampón e foi descrita por primeira vez en detalle polos médicos alemáns.[5] Diminutivo de sarampo, a orixe desta palabra é pouco clara. Segundo Martín Sarmiento proviría dunha verba derivada de reptar ou serpear, outras hipóteses máis novas suxiren "zaramphus", "zaré", "sirimpio" e "syringio".[6][7]

Denominacións numéricas

As denominacións "terceira enfermidade" ou "cuarta enfermidade" derivan dunha clasificación histórica das enfermidades exantemáticas (con erupcións cutáneas) da infancia. Noutros tempos, sen medios diagnósticos avanzados, as enfermidades foron numeradas baseadas na súa aparición e características clínicas:

  1. Primeira: Xarampón, causada polo virus do sarampo (Morbillivirus)
  2. Segunda: Escarlatina, causada pola bacteria Streptococcus pyogenes.
  3. Terceira: Rubéola.
  4. Cuarta: "Roséola escarlatina",[2] ou doenza de Filatov-Dukes, considerouse unha forma atípica de escarlatina. A súa existencia como entidade separada é cuestionada por expertos que a consideran unha manifestación atípica da rubéola ou doutro virus exantemático.
  5. Quinta: Eritema infeccioso, causada polo parvovirus B19.
  6. Sexta: Roséola infantil ou exantema súbito é causada polo virus do herpes humano 6, HHV-6, e ás veces polo HHV-7

A medida que a medicina avanzou, estas designacións numéricas foron perdendo relevancia en favor dos nomes específicos, pero aínda se atopan en contextos pediátricos.[8]

Remove ads

Contaxio

O virus adoita entrar no corpo polo nariz ou a gorxa. Como a maioría dos virus que viven ao longo do tracto respiratorio, transmítese de persoa a persoa por pequenas gotículas no aire que se exhalan.

A rubéola tamén se pode transmitir dunha nai xestante ao seu feto a través da placenta. Isto pode ser moi perigoso para o feto, especialmente se a nai ten rubéola no inicio do seu embarazo. A rubéola pode causar xordeira, problemas cardíacos, discapacidade intelectual e moitos outros problemas no desenvolvemento fetal.[9]

Remove ads

Evolución da doenza

O virus ten un período de incubación de 2 a 3 semanas durante o cal se establece. Os síntomas comúns son unha erupción vermella/rosa (rash), ganglios linfáticos inchados e febre alta.

A miúdo é leve e un ataque pode pasar desapercibido. Non obstante, isto pode facer que o virus sexa moi difícil de diagnosticar. A enfermidade pode durar 1-5 días. Os nenos recupéranse máis rápido que os adultos.

Eliminada en América

O 29 de abril de 2015, anunciouse que a rubéola foi eliminada no continente americano (en América do Norte, do Sur eCentral-Caribe). Un grupo científico de expertos dixo que foron necesarios 15 anos de traballo para que isto ocorrese. Entre os grupos participantes están: Organización Panamericana da Saúde, Centros para o Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos, UNICEF e a Fundación das Nacións Unidas.[10]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads